Galicia

ESCRIBIR O IMPOSIBLE

Simone G. Saibene, 64', 2021, Spain
Dirección: Simone G. Saibene
Produción: Simone G. Saibene
Guión: Simone G. Saibene
Fotografía: Jairo Iglesias
Montaxe: Fran Barba
Música: Paolo ‘Apollo’ Negri
Con: Juan Tallón, Marta Vázquez, Helena Tallón Vázquez, Andrea Aguilar, Pablo Araujo, Ramón Tallón

Juan Tallón (Vilardevós, Ourense 1975) pasa todo o día escribindo, especialmente cando non escribe. Colabora con El País, Jot Down, El Progreso e Cadena Ser. Publicou sete novelas. En 2020, dúas semanas antes do confinamento, presentou ‘Rewind’ (Anagrama), un libro ambientado en Lyon sobre a fraxilidade da vida, os golpes inesperados e as cousas que se perden para sempre. Este documental narra a historia do proceso de creación de ‘Rewind’, da súa última novela ‘Obra maestra’, e de como a nova realidade acabou apoderándose da ficción.

ENTRADAS

LIQUID GROUND

Enar de Dios, 31', 2021, Austria
Dirección: Enar de Dios
Música: nara is neus, Valentí Adell

Aínda que os océanos constitúen máis do 70% da Terra, ata o de agora só se cartografou unha parte moi pequena dos fondos mariños. Porén, nos últimos anos, a cartografía destes espazos acelerouse por mor dos diferentes intereses económicos, xeopolíticos e científicos, decididos a construír un “novo continente” para ser explorado e explotado baixo do mar. Liquid Ground é un videoensaio que ten como eixe temático os fondos mariños e a súa cartografía actual para falar de colonialismo, ecoloxía e representación. Formado por unha gran variedade de material atopado —desde as ilustracións da primeira expedición oceanográfica mundial ata as tecnoloxías e visións actuais relacionadas cos océanos— Liquid Ground funciona coma un recordatorio das terras líquidas que, en realidade, nos sosteñen e compoñen. Ademais, é un chamamento a desobedecer a estabilidade das liñas arbitrarias, extractivas e limitadoras que se trazan sobre o espazo. Como calquera outra forma de coñecemento, Liquid Ground é tamén un conxunto de enigmas.

ENTRADAS

MEMORIA

Nerea Barros, 15', 2021, Spain
Dirección: Nerea Barros
Produción: Nerea Barros, Hernán Zin, Ana Pincus, Xavi Font
Guión: Nerea Barros
Fotografía: Raquel Fernández
Montaxe: Julia Juániz
Son: David Machado
Con: Margiyana Anuarbekova, Saymbetov Anuarbek

Estrea galega

A transmisión do legado dun avó a súa neta a través dun mar que xa non está.

ENTRADAS

NINGÚN RÍO ME PROTEXE DE MIN

Carla Andrade, 27', 2021, Spain
Dirección: Carla Andrade
Produción: Gonzalo E. Veloso, Carla Andrade
Montaxe: Carla Andrade, Carlos Martínez-Peñalver
Música: Carlos Suárez Sánchez
Con: Blanca Andrade Olivié

Estrea galega

Ningún río me protexe de min toma como punto de partida o misterioso roubo dun material filmado na selva do Congo, dando resposta aos conflictos xurdidos no fráxil e transubxectivo encontro co non-eu. Encontro que unicamente pode ser practicado ou experimentado, en canto se trata de virtualizar, para de existir.

ENTRADAS

O CEO É AZUL CUNHA SOA NUBE

Fernando Areal, 8', 2021, Spain
Dirección: Fernando Areal
Música: Fernando Areal

Estrea mundial

Traballo de corte experimental no que o autor recupera material da voda dos seus pais para explorar a memoria allea. Trata de combinar a abstración cunha aproximación documental á historia da súa familia.

ENTRADAS

O FUTURO É DAS CABRAS

Óliver Laxe, 30', 2021, Spain
Dirección: Óliver Laxe
Con: Susín Méndez, Luis López, Pablo López, Nemesio Osorio, Imara Ishuiza, Alexia Méndez, Helena Gil, Yolanda Álvarez

Óliver Laxe achéganos ao seu mundo inmediato: A Vilela, onde trata de levantar o seu proxecto vital ao tempo que reflexiona sobre a espiritualidade, o sinxelo e o simbólico, sobre o solo no que enraíza o noso futuro. A volta ao sector primario é unha metáfora sobre como coidar a paisaxe e deixarnos coidar por ela.

ENTRADAS

O NIÑO DOS PAXAROS

Lucía Estévez, 16', 2021, Spain
Dirección: Lucía Estévez
Guión: Lucía Estévez, Manu Estévez
Fotografía: Ariadna Cordal, Dani Cornes
Montaxe: Lucía Estévez, Brandán Cerviño
Música: Xavier Bértolo, Golpes Bajos
Con: Manu Estévez, Diego Anido, María Tasende

Estrea galega

Os pardais fanse oco entre a maquinaria, nos tubos de escape, nos motores abertos ou nos asentos dos coches da terceira planta. Cando escoitan abrir o gran portón á primeira hora da mañá, voan rápido para entrar.  Hoxe o taller é un lugar seguro para eles, do mesmo xeito que o foi para o meu pai nos anos 80.

ENTRADAS

O QUE QUEDA

Alejandro Rodríguez, 9', 2022, Spain
Dirección: Alejandro Rodríguez
Produción: Julia Aranda, Nicolás Solís
Fotografía: Alejandro Rodríguez, Fran Lozano
Montaxe: Ainhoa Cruz
Con: Basilio Rodríguez, Remedios Diéguez, Ana Campos

Estrea mundial

A través da galería dun teléfono móbil reflexiónase acerca das relacións entre a memoria e o arquivo que imos xerando diariamente.

ENTRADAS

O SEMENTADOR DE ESTRELAS

Lois Patiño, 25', 2022, Spain
Dirección: Lois Patiño
Fotografía: Lois Patiño
Montaxe: Lois Patiño
Son: Xabier Erkizia
Voces: Yumiko Teramoto, Tetsuro Mareda

Estrea galega

Luces afastadas debuxan a cidade. Chegan barcos luminosos con xente durmida e a noite vólvese líquida. O sembrador de estrelas espértalles e atravesan a cidade falando disto e daquilo, mentres se despiden de todo.

ENTRADAS

O ÚLTIMO DE ARGANEO

David Vázquez, 30', 2022, Spain
Dirección: David Vázquez
Guión: Lorena Gallardo, David Vázquez
Fotografía: Humberto Novoa, David Vázquez
Montaxe: David Vázquez
Música: Edilberto Rodríguez
Con: Edilberto Rodríguez

“Eu son do país, son cabreiro, son de acó. E teño orgullo e teño amor polas miñas tradicións e polas miñas cousas…”

ENTRADAS

SYCORAX

Lois Patiño, Matías Piñeiro, 20', 2021, Portugal-Spain
Dirección: Lois Patiño, Matías Piñeiro
Produción: Rodrigo Areias, Beli Martínez
Fotografía: Mauro Herce
Montaxe: Jorge Jacome
Con: Agustina Muñoz, Diana Dieguez, Susana Abreu

Estrea galega (Fóra de competición)

Quen é Sycorax? O primeiro personaxe en pisar a illa de “A Tempestade” de William Shakespeare.

Pero o problema na obra é que Sycorax non ten voz. É apenas mencionada por Próspero como unha bruxa mala, vella e encorvada, que encerrou vilmente a Ariel, o espírito do aire, nunha árbore.

Pero, Por que pecharía a Ariel nunha árbore? Aquí, nós, non lle creriamos tanto a Próspero.

ENTRADAS

TATUADO NOS OLLOS LEVAMOS O POUSO

Diana Toucedo, 26', 2022, Spain
Dirección: Diana Toucedo
Fotografía: Diana Toucedo
Montaxe: Diana Toucedo
Son: Oriol Gallart
Música: BFlecha

Estrea galega

As mariscadoras de Redondela afánanse cada día de marea por sementar, sachar e coidar o umbral entre a agua do mar e a area. En simbiose, a conciencia colectiva e os afectos emerxen dos seus corpos, dos seus xestos e das súas verbas.

ENTRADAS

UN CEO IMPASIBLE

David Varela, 81', 2021, Spain
Dirección: David Varela
Produción: Rocío Cabrera
Fotografía: Raquel Fernández
Montaxe: David Varela
Música: Jonay Armas
Con: Jimena Gómez de Diego, Paula Gordils Carrillo, Andrea Lázaro Pacios, Jacobo Llavona Pastor, Ricardo Castellano Ruíz de la Torre, Ernesto Viñas

Estrea galega

Zona oeste de Madrid. Lugar onde aconteceu unha das batallas máis cruentas e mortíferas da Guerra Civil Española. Un grupo de adolescentes investiga, recita e debate sobre os testemuños dos  soldados que loitaron durante eses terribles días; fan súas as vivencias dos veteranos e os mortos.

Mentres, o filme muta, adáptase e constrúe a través da súa mirada: unha nova xeración que se abre ao diálogo e revisa criticamente a escola e a memoria histórica dun país en permanente polarización.

ENTRADAS

WELCOME TO MA MAISON

Andrés Goteira, 76', 2021, Spain
Dirección: Andrés Goteira
Produción: Laura Doval, Suso López, Andrés Goteira, Alberto Díaz, Adrián Folgueira
Fotografía: Lucia C. Pan
Montaxe: Andrés Goteira
Con: Igor Fernández, Angel Sala, Nacho Ozores, Suso López, Andrés Goteira Burr

Estrea galega

Igor NON quere atracar unha xoiería. Igor NON ten obsesión coas mans. Igor NON é admirador do director Nicolas Winding Refn. Igor NON viste xerseis navidiegos. Igor NON é Igor (e isto NON é un falso documental).

ENTRADAS