Marta Valverde, 10', 2022, Spain
Dirección: Marta Valverde
Produción: Hella Spinelli
Fotografía: Arancha Brandón
Son: Marta Pavía
Produción: Hella Spinelli
Fotografía: Arancha Brandón
Son: Marta Pavía
Unha casa aparentemente normal. As paredes están pintadas de rosa e a súa colocación fai pensar nunha especie de decorado. Diversos obxectos enchen as estancias: xeles de baño, champús, suavizantes de cabelo, lubricante, toalliñas.
Marina é unha moza de 26 anos que habita este espazo no que parece que non está acontecendo nada. Traballa como prostituta: a maior parte do tempo adícao á espera e a contestar as dúbidas de todos os interesados en ter un encontro con ela.
De fondo, unha irmandade doutras putas que se acompañan nunha profesión na que o estigma asoma por todas partes.