Máis 60 películas procedentes de 21 países conformaron unha programación na que se puido gozar das obras de realizadores noveis, importantes estreas, así como retrospectivas e ciclos especiais adicados a cineastas consagrados e xoias ocultas do cinema nacional e internacional.
Na súas sección competitiva sfoi a película belga Victoria, dirixida polas cineastas Sofie Benoot, Liesbeth De Ceulaer e Isabelle Tollenaere, a que obtivo o gran premio desta edición, o Premio do Público foi para De Barrio, e o galardón Play-DocTv para Those that, at a distance, resemble another. Así mesmo, o festival reforzou o seu compromiso co cinema galego máis recente, con oito títulos que demostran o excelente momento polo que pasa a creación audiovisual galega.
En Play-Doc 2020 tamén gozamos dun importante encontro entre programadores, público e cineastas no que puidemos coñecer algúns dos proxectos cinematográficos que verán a luz nos próximos meses, cineastas como Margarita Ledo, Pela del Álamo, Sonia Méndez ou Alexandre Cancelo presentaron un adianto dos seus próximos filmes. |