EUROPA (Europe)
Guión: Merle Kröger, Philip Scheffner
Asistentes de Dirección: Pascal Capitolin, João Carvalho
Fotografía: Volker Sattel
Son: Tristan Pontécaille
Deseño de Son e Mestura: Simon Bastian
Produción: Caroline Kirberg, Merle Kröger
Producido por pong film
Estrea española
Unha parada de autobús, unha praza, unhas cantas mazás nunha estrada suburbana. Zohra Hamadi, barras de metal na súa columna vertebral, se baixa do autobús. Camiña ergueita, por fin é capaz de respirar con facilidade. Pero Europa só asegúralle uns poucos días de descanso. Zohra Hamadi, decide tomar nas súas mans o futuro. EUROPE – unha historia de ficción forzosa.
NOTA AO PÉ (Footnote)
Producción:Shengze Zhu, Zhengfan Yang
Mezclas: Aymeric Dupas
Colorista: Vivian Bao
Audio: Broadcastify
Producido por Burn The Film
Estrea española
Un retrato audiovisual dun barrio da cidade de Chicago. A vida preséntase de dúas maneiras contraditorias: a que se ve desde as xanelas dun apartamento, filmada ao longo de tres anos, pacífica, mundana, ambigua; e a que é narrada pola radio da policía durante o último ano do goberno de Trump, tamén o primeiro ano da pandemia en curso, violenta, tráxica, absurda. Desde este lugar, un barrio é observado, unha cidade é reflectida e un país recibe anotacións ao pé de páxina.
DIARIO AMERICANO (Journal d’Amerique)
Música: Martin Wheeler
Consultor de Arquivo: Rick Prelinger
Produción: Michel Klein, Jérôme Dopffer
Mestura de Audio: Mélissa Petitjean
Gradación de cor: Serge Antony
Digitalización de Arquivo: Rick Prelinger, Skip Prelinger
Estrea española
Pensa en América, díxenme.
As cidades, as casas, a xente, as chegadas, as partidas, os nenos indo e vindo, morte, vida, movemento, fala.
Pensa no suspiro profundo de todas as cousas vivas en America. Báixache. E recolle o que outros refugan da vida.
Así non se voará todo co vento.
DE BO CORAZÓN (Kind Hearts)
Fotografía: Olivia Rochette
Montaxe: Dieter Diependaele
Son: Lennert De Taeye Nina de Vroome
Edición de Son: Ingrid Simon
Produción: Rasmus Van Heddeghem, Ruben Desiere
Con: Billie Meeussen, Lucas Roefmans, Romane Van Damme, Charlotte Meyntjens, Rana Hamzaoui, Gaspard Renier, Victoria De Man
Estrea española
Billie e Lucas, unha parella de mozos de Bruxelas, van deixar a súa cidade natal para ir estudar á universidade e afrontar un ano cheo de cambios. A súa visión do futuro, as dúbidas sobre as relacións e as expectativas para a idade adulta convértense na base das conversacións entre eles e das discusións cos seus amigos. Un tenro e sincero retrato dos aspectos influentes pero incertos de todo (primeiro) amor.
TERRA QUE MARCA
Deseño de Sonido: Paulo Lima
Mestura: Tiago Matos
Corrección de Cor: Andreia Bertini
Producido por Oublaum Filmes, Etnograf Filmes, Raul Domingues con Terratreme Filmes
Con: Maria Alice Sousa, Manuel Jesus, Duro, Joaquim Sousa, Manuel Carpalhoso, José Silva, António Sousa, Luís Mil Homens, Manuel Carlos, Luís Carpalhoso, Edmundo Lisboa, Maria Alice Domingues, Maria Sousa, Isaura Domingues, Adelino Sousa, Abílio Domingues, Fernando Carpalhoso, Daniela Sousa, Bianca, Bruna, Eva and Leonor
Estrea española
Cóntase que hai moito tempo viñeron dous malfeitores a cumprir a súa condena e ocuparse desta terra deshabitada e sen cultivar. A súa sentenza pasou de xeración en xeración e foi herdada polos homes que a traballan. Unha muller descalza labra a terra e é sorprendida por unha folla.