Poucos territorios como o galego poden amosar unha produción tan fértil e variada. Un ano máis, esta selección de traballos mostra como o noso territorio segue en ebulición: Filmes que transitan entre o retrato da realidade máis próxima ao realizador, como é a súa propia filla, ou a procura dunha historia nun territorio afastado ou alleo ao cineasta como Guinea Ecuatorial. Obras que se achegan a un documental canónico e outras máis próximas ao experimental conforman a escolla deste ano.
A diversidade nas olladas, nas formas e nos formatos é o que máis pode definir a selección de filmes do panorama galego. Non existe un patrón único a través do cal poidamos definir a produción galega deste ano. Isto non é unha característica negativa, máis ben todo o contrario, xa que apunta a un ecosistema rico e variado. Ao mesmo tempo, non podemos deixar de analizar estas producións como inscritas nun contexto no que, pese a formar parte do noso patrimonio fílmico, quedan relegadas única e exclusivamente a ser mostradas neste circuíto, xa de por si precario, de festivais e mostras espalladas polo noso territorio. Neste sentido, sendo conscientes do noso papel de dar visibilidade e aliármonos con estes creadores e creadoras, apostamos por dar a coñecer os novos creadores e reivindicar a súa importancia de cara a crear unha estrutura e industria cinematográfica plural e variada.
A TYPICAL MORNING
Música: Denis Carballás
Tralo achado de dous animais no río emerxen lendas e recordos sobre a infancia no rural galego dos anos 60. Unha viaxe surrealista entre o pasado e o presente a través das vivencias da nai da directora.
EMPALAOS – VALVERDE DE LA VERA
Produción: Iria Sanjurjo
Guión: Iria Sanjurjo
Fotografía: Iria Sanjurjo, Paco Lajo
Montaxe: Iria Sanjurjo
Son: Inés Almirón
Os procesos de transformación vividos polas persoas no marco dun ritual constitúen un mundo especial pouco tratado visualmente. Esta película acompaña aos empalaos de Valverde de la Vera ao longo do proceso íntimo de preparación como penitentes, no que afloran emocións, tenruras e valores, así como unha solidariedade colectiva necesaria para que os empalaos leven a cabo as súas promesas.
GALLO
Produción: Sergio Frade, Luisa Romeo, Gentzane Osaba
Guión: Antonio Díaz Huerta, Sergio Frade
Fotografía: Jon Aguirresarobe
Montaxe: Susana Sotelo
Música: Vicente Barrière
Aitor naceu cun glaucoma conxénito que fixo que perdera a visión do seu ollo dereito con tan só catorce anos. Aínda que os médicos recomendaron que non volvese a facer surf, decidiu non seguir os seus consellos e perdeu a vista nun fatídico accidente mentres o practicaba. Tiña 39 anos. Hoxe, 5 anos despois do accidente, Aitor quere demostrar que as persoas con discapacidades poden enfrontarse a calquera reto que se propoñan, pero para iso terá que prepararse física e mentalmente. Sobre todo terá que vencer as dúbidas e os medos por volver a revivir o accidente que o deixou cego.
HAMADA
Produción: Michael Krotkiewski, Kari-Anne Moe, Gudmundur Gunnarsson, Heino Deckert
Fotografía: Eloy Domínguez Serén
Montaxe: Ana Pfaff, Eloy Domínguez Serén
Son: Thomas Jaeger, Ted Krotkiewski
Con: Tasalam Barahim, Bachir Mehdi Dehan, Hama Habadi, Lafdal Mohamed Salem Haimuda, Hafdala Hamadi, Boryana Ivanova
Un campo de minas e o segundo muro militar máis grande do mundo separan a Sidahmed, Zaara e Taher da súa patria, que só coñecen a través das historias que lles contan os seus pais. Eles pertencen ao pobo saharauí, unha das comunidades máis esquecidas do mundo, abandonados nun campamento de refuxiados no medio do deserto. Os mozos protagonistas pasan os seus días amañando coches, loitando por un cambio político que nunca chega e soñando cun futuro que probablemente non sucederá. Con todas as expectativas, enerxías e ilusións da xuventude, soñan con elevarse sobre as fronteiras físicas que os arrodean.
ILHA
Produción: Sinsalaudio
Guión: Alexandre Cancelo
Fotografía: Fon Cortizo, Alexandre Cancelo
Montaxe: Alexandre Cancelo
Son: Marco Maril
Os ecos dunha illa perduran no espazo e na memoria. As voces resoan vivas. Un momento e un lugar, os vivos son sombras que transitan entre a paisaxe descolorida da enseada. A historia pousa no presente. A historia proxecta o seu lamento. Tres trobadoras. Un aparello que atrapa a voz. Unha pintora que trae de volta a cor. «Son illas afortunadas, son terras sen ter lugar. Onde o rei mora esperando. Mais se imos espertando, cala a voz e hai só mar».
LUCÍA EN LA NOCHE
Produción: David Varela, Lola Martínez
Guión: David Varela
Fotografía: David Varela
Montaxe: David Varela
Sonido: Sergio López
Música: Jonay Armas
Soños, vivencias e memorias futuras dunha nena de catro anos que o seu pai gardara ata este intre no seu teléfono móbil.
MANOLIÑO NGUEMA
Produción: Roi Carballido, María Becerra
Guión: Rocío Cadahía
Fotografía: Rodrigo Vázquez “Harry”
Montaxe: Gaspar Broullón, Álvaro Ayala
Son: Oskar López
Con: Marcelo Ndong, Gorsy Edu, Raimundo Bernabé “Russo”
Marcelo Ndong, un artista africano sexaxenario formado en España, e que agora rexenta unha pequena gardaría en Malabo (Guinea Ecuatorial), recibe unha inesperada proposta: montar unha obra de teatro que relate a súa propia vida. Marcelo creará en Malabo unha obra de teatro que será representada en Santiago de Compostela. Unha viaxe persoal e creativa que nos conducirá desde a Guinea postcolonial e a España franquista, até a actualidade de ambos os dous países, a través do seu incrible periplo vital como mimo, músico, actor, circense, pero sobre todo como migrante.
REXISTROS. XEOGRAFÍA DE SAN SADURNIÑO
Produción: Chanfaina Lab
Montaxe: Adrián Canoura
Unhas árbores, uns animais, luces, cores, espazos… Unha navegación sensorial polas aldeas de San Sadurniño, onde ver é reter-percibir, onde o ollo non está contaminado e goza a través da aventura da percepción. Parafraseando a Stan Brakhage: «Cantas cores hai nun campo de herba para o bebé, que gatea ignorante do ‘verde’? Cantos arcos da vella pode crear a luz para o ollo non educado? Canto consciente das variacións nas ondas de calor pode ser ese ollo?»
WHAT YOU GONNA DO WHEN THE WORLD’S ON FIRE?
Produción: Paolo Benzi, Denise Ping Lee
Fotografía: Diego Romero Suárez-Llanos
Montaxe: Marie-Hélène Dozo
Son: Ingrid Simon, Hélèna Violaine Réveillère, August A,aury And, Bernat Fortiana
Con: Judy Hill, Ronaldo King, Titus Turner, Kevin Goodman
No verán de 2017, unha serie de brutais asasinatos policiais de mozos afroamericanos provocan unha grande conmoción en todo o país. Unha comunidade negra en América do Sur trata de facer fronte aos efectos persistentes do pasado e saír adiante nun país que non está do seu lado. Mentres, os Black Panthers preparan unha protesta a gran escala contra a brutalidade policial. Unha meditación abrasadora sobre a cuestión racial en América.