CARTE BLANCHE Porto/Post/Doc

Carta blanca Porto/Post/Doc

por Daniel Ribas (co-director en Porto/Post/Doc)

Porto/Post/Doc é un novo festival de documentais con sede no Porto que busca promover o mellor cinema contemporáneo, cruzando estilos e xéneros. Unha das súas particularidades é tamén a de mirar cara a autores esquecidos do cinema documental. Esta carta branca céntrase precisamente nesa idea de descubrimento.

O cinema independente estadounidense ten algúns heroes. Un deles é Lionel Rogosin, un autodidacta que realizou algúns documentais sobre a realidade dos marxinados, entre os anos 50 e 60. Quizais o seu traballo máis famoso sexa On the Bowery, un retrato desapiadado dun dos barrios máis carismáticos de Nova York, no que atopamos a un grupo de homes tratando de esquecer as súas vidas mediante o alcol. Filmada nun ambiente de gran proximidade entre estes e o realizador, On the Bowery está considerada como unha das obras máis importantes do cinema independente americano.

Durante o festival tamén poderemos ver unha exposición de fotografías do realizador. Esta selección, realizada polo seu fillo Michael, móstranos a mirada de Rogosin, así como a cualidade atemporal e o contexto social das súas imaxes.

ON THE BOWERY

Lionel Rogosin, 65', 1956, USA
Dirixido por Lionel Rogosin
Produción: Lionel Rogosin, Richard Bagley, Mark Sufrin
Fotografía: Richard Bagley
Montaxe: Carl Lerner
Música: Charles Mills, Harold Gomberg
Con Ray Salyer, Gorman Hendricks, Frank Mattheus

On the Bowery é a crónica do barrio neoiorquino o Bowery durante o transcurso de tres días que supón un incrible documento dunha época pasada e un vívido e devastador retrato do alcoholismo, que aínda resoa hoxe en día. Esta película realizada “desde dentro” mostra aos personaxes facendo deles mesmos na súa contorna natural e falando coas súas propias palabras. On the Bowery foi nomeada ao Oscar e continua sendo unha obra mestra entre a ficción e o documental.