Aberto o prazo de inscricións para obradoiros e seminarios – Play-Doc 2022

Aberto o prazo de inscricións para obradoiros e seminarios – Play-Doc 2022

1 Abr 2022

Tui, 1 de abril de 2022.- Play-Doc abre a convocatoria para a inscrición en dúas interesantes actividades formativas: O I Seminario de crítica cinematográfica en formato podcast, realizado en colaboración con A Cuarta  Parede. E o taller de cinema comunitario O Imaxinario da Fronteira, impartido polo cineasta Eloy Domínguez Serén.

 

I Seminario de crítica cinematográfica en formato podcast

Organizado en colaboración coa revista dixital, A Cuarta Parede, Play-Doc acollerá un seminario dirixido a todos aqueles que desexen aprender sobre crítica cinematográfica. Nesta ocasión, o curso pretende explorar un dos formatos de comunicación máis consumidos actualmente, os podcast, que nos últimos tempos experimentou un auxe sen precedentes.

A actividade, que terá unha parte teórica e práctica terá lugar o 7 e 8 de maio, dentro do marco do festival, e está dirixida a todas aquelas persoas interesadas en aprender as nocións e ferramentas básicas para elaborar pezas de análises  fílmica neste formato.

O seminario será impartido por Mariona  Borrull, recoñecida crítica de cinema e televisión, e por Cibrán Tenreiro, profesor na Facultade de Ciencias da Comunicación e membro de de o Grupo de Estudos Audiovisuais na Universidade de Santiago de Compostela.

A matrícula abrirase o vindeiro martes 5 de abril ata o 3 de maio. As persoas interesadas deberán escribir un correo co asunto “Seminario  PlayDoc” Info@acuartaparede.com  O prezo da matrícula é de 25 euros. Todos os rexistrados contarán cunha acreditación gratuíta para asistir a todas as proxeccións do festival.

Máis información: https://www.play-doc.com/_oldfestival/seminario-a-critica-en-podcast/

 

O Imaxinario da Fronteira: Taller de cinema comunitario

Play-Doc propón un taller audiovisual para reflexionar sobre o concepto de fronteira e convida a veciños e veciñas da comarca para realizar pequenas películas nas que reflexionen sobre a súa propia relación e experiencias coa fronteira, ben sexa como espazo físico, emocional ou metafórico.

Este taller será impartido por Eloy Domínguez Serén, recentemente premiado coa  Biznaga de Prata á mellor curtametraxe na pasada edición do Festival de Cinema de Málaga polo seu primeiro proxecto de ficción Rompente. A carreira de Domínguez conta cunha notable traxectoria internacional, na que destacan títulos como Hamada ou Non cow on the ice.

Ao longo do mes de abril os e as participantes realizarán unha pequena peza audiovisual de curta duración. Durante todo o proceso contarán co seguimento e o asesoramento do cineasta Domíniguez Serén e as pezas resultantes presentaranse dentro do marco da celebración de Play-Doc

A inscrición é gratuíta estará aberta ata o 11 de abril. Todos aqueles que desexen participar deben enviar un correo co asunto ‘Taller Play-Doc’ a produccion@play-doc.com

Máis información: https://www.play-doc.com/_oldfestival/obradoiro-o-imaxinario-da-fronteira/

 

Share

Facebook Twitter Pinterest