Xurado

Carmen Gray

 

CARMEN-GRAYOrixinaria de Nova Zelanda, Carmen Gray reside en Berlín, onde traballa como xornalista freelance e crítica de cinema para publicacións que inclúen The Guardian, The Observer, Sight & Sound, Screen International, The Calvert Journal, Senses of Cinema e a revista semanal cultural de Estonia Sirp. Anteriormente traballou como editora de cinema na revista londiniense Dazed & Confused. Gray tamén é programadora de cinema e forma parte do comité de selección da Semana da Crítica de Berlín. Estivo de xurado en importantes festivais e regularmente imparte obradoiros de escritura a mozos críticos en Polonia, Serbia e Estonia.

Jake Perlin

 

Jacob-PerlinJake Perlin é director artístico e director de programación na sala Metrograph, en Manhattan (Nova York), e director executivo de Cinema Conservancy, Film Production and Consultancy Non-Profit, consagrado ao cinema independente estadounidense. Anteriormente, Perlin foi director de programación para a Film Society do Lincoln Center, e o seu traballo foi recoñecido en 2015 co premio Film Heritage, outorgado pola Sociedade Americana de Críticos Cinematográficos. Perlin tamén é fundador do Film Desk, unha compañía de distribución que crea novas copias en 35mm de obras mestras de Rivet, Truffaut, Godard, Pialat, Garrel, Sontag e Denis, entre outros.

Philippe Azoury

 

AZOURYPhilippe Azoury traballou como crítico de cinema para o diario Libération, e tamén colaborou con Les Inrocks, Cahiers du Cinéma e Vogue. Na actualidade, Azoury é o editor cultural de Grazia. Tamén é autor, xunto con Jean-Marc Lalanne, de Fantômas, style moderne (2002, Yellow Now) e Jean Cocteau et le cinéma: Désordres (2003, Cahiers du Cinema Centre – Georges Pompidou, premio Philippe Arnaud 2003) e publicou, en colaboración co fotógrafo Antoine D’Agata, Stigma (2006 Images en manoeuvre). É autor do libro de entrevistas con Adolfo Arrietta, Un morceau de ton rêve (2012, Capricci). E escribiu, en 2013, o primeiro ensaio en francés sobre Philippe Garrel: Philippe Garrel en substance. Actualmente traballa nun libro sobre Jim Jarmusch.

 

Tui