Contacto

Play-Doc Live presenta

THE LEGENDARY TIGERMAN + TRUE

Sábado 25 de Abril
Sala Metropol 8€

Entrada gratuíta con acreditación e pase especial supporter.

A música en directo foi sempre un elemento esencial para Play-Doc.

Para este ano e acompañando o documental True (Paulo Segadães, 2014) teremos o privilexio de contar con Paulo Furtado, The Legendary Tigerman, o artista máis relevante a día de hoxe en Portugal e un dos músicos europeos máis sobresalientes dos últimos anos en todo o mundo.

No século 21, Pablo Furtado convirtiuse en The Legendary Tigerman. Seguindo a tradición dos vellos blues-men, este one-man band deu literalmente o salto de Coimbra (Portugal) ao mundo enteiro.

A música de Tigerman bebe das raíces máis profundas do blues-rock norteamericano, pero combinadas con novas tecnoloxías –samples, beats, loops– aínda que sempre mantendo a autenticidade de tocar os instrumentos en vivo e en directo. Esta explosiva e irresistible combinación levouno a escenarios de toda Europa, Estados Unidos, América do Sur e Xapón.

The Legendary Tigerman é, por enriba de todo, música, pero ten moito que ver tamén co cinema e a fotografía facendo dos shows toda unha experiencia cinematográfica e musical.

TRUE

Paulo Segadães | 2014 | 43' | PORTUGAL

Dirección, image: Paulo Segadães
Produción: Paulo Ventura, Paulo Furtado
Montaxe: Sérgio Pedro
Son: Toni Lourenço
Deseño Gráfico: Frederico Mancellos

Este filme acompaña ao longo de case un ano, todo o proceso de creación de True (2014), o último álbum de Paulo Furtado, The Legendary Tigerman. Dende os primeiros acordes na guitarra, pasando polos ensaios no seu soto, ata a gravación en estudio das cancións finais.