Laboratorio

O Retrato-Espello

por Marta Andreu

Pasaron cinco anos desde que o noso laboratorio do retrato filmado comezou. A viaxe levounos do encontro á memoria, de aí, máis aló da deriva, apareceu a paisaxe. E hoxe chegamos ao seu fin, e o retrato devén espello.

Que hai de cada un de nós naquilo que facemos? Canto chegan a devolvernos de nosa propia ollada, os ollos daqueles que miramos? Ata onde falar da vida dos outros é falar tamén da nosa? Este ano, diciamos, chegamos ao final do traxecto. E si, todo empeza un día. E un día todo chega ao seu termo. Pero ás veces (todas?) o que ese final atopa non é máis que algo que viría dar conta da mesma orixe.

A razón pola que empezamos este proxecto ten que ver coa crenza de que ollar é recoñecerse naquel que temos diante, porque ao cabo o outro sempre está diante e o que fai esa presenza é sempre lembrarnos a propia. Ese primeiro xesto de quen ten unha cámara entre as mans para capturar o que ve vincúlase co compartir iso visto, descubrindo o que o outro mira. E nese descubrimento, descubrirse mirando, aprender de todo iso, mirar(se) no mirar.

Os participantes do laboratorio se han ir recoñecendo os uns nos outros (desde detrás e desde diante das cámaras) e son recoñecidos polos demais, nós-espectadores, na caligrafía que ha ir deixando pegada de todo o proceso. As vidas cinematográficas que con iso se han ir construíndo aí están, fixadas, mostrando que aí seguen, latexando. Hoxe despedimos a experiencia con ese espello que seguirá falando de quen é mirado, pero tamén de quen mira, e abrigo da distancia que houbo, hai (e non hai... é o mesmo) entre eles e que se estende, inevitablemente, cara os que estamos ao redor deses momentos de encontro, de intercambio e que despois habemos ir estando diante das imaxes que os volven presentar, depurados, distintos pero semellantes.

Quedará de todo iso cinco xestos mínimos (e por iso, grandes), cinco “ida e volta”, cinco anos compartidos, entrelazados en momentos que foron e que ao ser rexistrados, non deixarán de volver ser. Unha e outra vez.

Agradecemento infinito.

Logo, máis tarde, máis aló, ao redor da curva... quen sabe... pero a vista xa algo alcanza a ver.

Continuará...