Fóra | Cinema Galego

Fóra

VOLVER
PLAY TRAILER
95’ / 2012 / Galicia Dirección e montaxe: Pablo Cayuela / Xan Gómez Viñas
Fotografía: Pablo Cayuela
Son: Carlos Sarille
Locución: Sonia Varela
Texto: Pablo Cayuela / María do Cebreiro
Banda sonora orixinal: Urro
Imaxe gráfica: X. Carlos Hidalgo
Segundo operador: Julio Vilariño
Con: Emilio González / Eliseo Fernández / Manuel Sixto / Manuel Valiño / Sonia Varela
Fóra é unha indagación sobre as historias ocultas dun lugar: o edificio do hospital psiquiátrico de Conxo. Empregando un dispositivo audiovisual que parte da posta en imaxe do documento, a longametraxe xera unha corrente alterna entre as imaxes da institución e as voces, ligadas aos relatos que abeira o edificio ou á lectura de fragmentos literarios e fontes documentais escollidas pola súa capacidade de resonancia no presente. A Historia de Conxo ―imaxe especular da Historia compostelana― vaise esfarelando en pequenas historias que revelan a necesidade de explorar máis polo miúdo o significado social de determinados espazos reprimidos da memoria urbana.
CONTACTO
Pablo Cayuela / Xan Gómez Viñas
foraconxo.filme@gmail.com