Venres 1 / 00:30 h / Sala Metropol Tui
10 €
Co gallo da proxección do documental “Limbo Starr: Dez, conta atrás”, Play-Doc presenta en directo o concerto de Tachenko un dos principais expoñentes da música independente en español e membros do selo discográfico Limbo Starr.

Con catro discos ás súas costas e percorrendo con éxito os principais escenarios e festivais da xeografía española, Tachenko regresan a Galicia despois de exercer como músicos acompañantes do gran Micah P. Hinson na súa recente xira española.

Nesta ocasión a banda zaragozana chega a Play-Doc para presentar en directo o seu último traballo “Os reís porque sois jóvenes”, un disco cargado de grandes cancións de pop vitalista e brillantes melodías co que cultivaron unhas máis que merecidas excelentes críticas.
MYSPACE
YOUTUBE