Dirección: Oliver Laxe Produción: Oliver Laxe Guión: Oliver Laxe Produtora: Zeitun Films Edición: Fayçal Algandouzi Fotografía: Ines Thomsen Son: Albert Castro Amarelle
Un novo cineasta europeo realiza unha película con menores acollidos nun centro en Tánxer, Marrocos. Durante a rodaxe, os heterodoxos métodos de traballo do director desgastarán a súa relación cos propios nenos, até o punto de transformar por completo o desenvolvemento do proxecto.