Urszula Flis, unha muller cultivada que vive a soas nunha granxa, é visitada de novo polo equipo de rodaxe de Łoziński. Mentres que a primeira película, "The Visit" (1974), trata da intromisión na súa vida por parte dos medios de comunicación e os intentos de manipulación da propaganda comunista polaca, en Żeby nie bolało retómase o tema da soidade, cuestionándose nesta ocasión os límites do cineasta á hora de interferir na vida dos seus personaxes. A propia Flis establece ese límite cando dirixíndose a Łoziński lle pide: "fai que non doa".