PLAY TRAILER
 
Un tren de París con destino a Moscova chega a Brest-Litovsk, punto de control fronteirizo entre Polonia e a antiga Unión Soviética. Como os raíis soviéticos son 89mm máis anchos que os europeos, os ferroviarios bielorrusos deben levantar os vagóns e cambiar as rodas para que o tren poida continuar o seu camiño cara o Leste. Nomeado a un Óscar en 1994 e gañador de numerosos premios en todo o mundo, 89mm od Europy mostra a brecha aínda existente entre os países do Leste e Occidente.