ILISA BARBASH RECOLLE O PREMIO A MELLOR LONGAMETRAXE: “PLAY-DOC É UN FESTIVAL PROFESIONAL E ÍNTIMO”
Sweetgrass e Sanya e Pardal son recoñecidas ex aequo como as mellores longametraxes da edición 2010, mentres que Alberte Pagán álzase co galardón na sección de Documentais Galegos por Tanyradzwa.
Jay Rosenblatt é premiado en Curtametraxes por The Darkness of Day, a súa última obra, a concurso fóra da retrospectiva que se lle dedicou.
O Festival Internacional de Documentais de Tui chega á súa última xornada con máis de 7.000 espectadores.
PLAY-DOC, FESTIVAL INTERNACIONAL DE DOCUMENTAIS, PREPARA A SÚA SEXTA EDICIÓN
Destaca a presenza dos recoñecidos Jay Rosenblatt e Raymond Depardon, nun festival multidisciplinar con exposicións dos artistas galegos Antón Lamazares e Manolo Paz.
Un ano máis, a música cobra un grande protagonismo en Tui cos creadores da web La Blogoteque e os concertos de The Spinto Band e Batida.
OS PRESTIXIOSOS REALIZADORES JAY ROSENBLATT E RAYMOND DEPARDON PROTAGONIZAN PLAY-DOC 2010
A sexta edición do festival internacional de documental de Tui dedícalle ao director norteamericano Jay Rosenblatt a súa primeira retrospectiva en España.
Tamén será invitado o realizador e fotógrafo francés Raymond Depardon, facendo un repaso das súas obras máis representativas.
PLAY-DOC ESPERTA O INTERESE ENTRE DOCUMENTALISTAS DE TODO O MUNDO
O festival internacional de documentais galego confirma unha vez máis a súa proxección exterior, proba diso son as máis de 800 obras procedentes de todo o mundo inscritas para participar na sexta edición deste certame que terá lugar do 17 ao 21 de Marzo de 2010.
A PINTURA E A ESCULTURA CONVIVEN CO CINEMA EN PLAY-DOC 2010
A sexta edición do Festival Internacional de Documental de Tui pasa dous filmes que xiran en torno ao pintor Antón Lamazares e o escultor Manolo Paz.
Os artistas galegos virán presentar dúas importantes exposicións con pezas seleccionadas por eles mesmos especialmente para a ocasión.
OS NORTEAMERICANOS THE SPINTO BAND ENCABEZAN O CARTEL DE CONCERTOS DE PLAY-DOC 2010
A banda ofrecerá o seu único concerto en España co motivo da presentación da web musical francesa La Blogothèque no marco del festival.
O grupo Batida, formado por músicos procedentes de Angola e Portugal, completa a oferta musical do festival.
AGADIC APOIA O OBRADOIRO RETRATO-MEMORIA DE PLAY-DOC PARA “PLANTAR UNHA SEMENTE QUE SEGUE MEDRANDO”
María Paredes, coordinadora de actividades externas de Agadic, explicou hoxe o proxecto xunto á encargada deste, a docente e produtora Marta Andreu.
Os directores Akosua Adoma Owusu e Miro Remo presentaron as súas películas, que “falan da identidade e de como a diferenza pode ser un valor”.
ROBERTO VARELA ABRE PLAY-DOC: “NON É DIFÍCIL APOIAR UN FESTIVAL QUE NOS FAI ESTAR ORGULLOSOS DE SER GALEGOS”
Antón Lamazares e Manolo Paz presentaron as súas exposicións no evento antes de dar paso á proxección do filme Horizonte sen dono.
THE SPINTO BAND TOCARÁN DOUS TEMAS INÉDITOS HOXE Á NOITE
Anunciárono xunto a Chrystophe Abric, creador da prestixiosa páxina web musical La Blogothèque, con 18 millóns de usuarios, que corre o perigo de ser pechada pola SGAE francesa.
Marina Lutz e Boris Mitic descubriron que os seus filmes a competición teñen algo en común: “A vinganza mediante a montaxe”, en palabras da primeira.