Dirección: Nayra & Javier Sanz Fuentes Produción: Jana Safu Guión: Nayra & Javier Sanz Fuentes Montaxe: Nayra & Javier Sanz Fuentes Fotografía: Nayra & Javier Sanz Fuentes, Michael Sandoval Música:
José Luis Maire, Marta Morales.
Con Antón Lamazares, Carlos Oroza, Carlos G. Reigosa, Javier Fuentes Feo.
A velocidade, o consumo e o exceso tecnolóxico convertéronse nos parámetros fundamentais do mundo contemporáneo. Nun contexto semellante, no que estas realidades quedaron supeditadas á xeración de beneficios económicos constantes, faise urxente expor unha pregunta: Qué lugar queda á pintura e á poesía como vías de aproximación á existencia en pleno século XXI? Nunha viaxe sen destino fixo, o pintor Antón Lamazares atópase con distintos amigos e familiares xunto aos que reflexiona ao redor dalgunhas cuestións decisivas como a espiritualidade, a infancia, o tempo, a aldea, a memoria ou a morte.