VOLVER
 
Vernes 19 / 00:30h / sala Metropol
8€ (6€ con abono)

Acompañando ao documental Luanda, a Fábrica da Música, Play-Doc ofrecerá un electrizante concerto en directo a cargo de Batida, banda formada por músicos procedentes de Lisboa e Luanda, que combina de xeito prodixioso a música tradicional angolana con sons electrónicos e urbanos. Con a colaboración de Beat Laden, un dos máis activos produtores do movemento afro en Lisboa e de Sacerdote, produtor de referencia no Sambila de Luanda (Angola), a banda presentou en 2009 o seu primeiro traballo “Dance Mwangolé”, considerado un dos mellores discos do ano en Portugal e un dos máis destacados traballos da música angolana. A contundente aposta de Batida decántase polos ritmos kuduro, a samba electrónica e o rap máis revolucionario, todo iso aderezado coa exquisita sesión de vídeo en directo que Catarina Limâo realiza con material de arquivo dos anos 60 e 70. Nesta ocasión ademais, a banda virá acompañada polo colectivo de danza tradicional angolana Batoto Yetu. Todo un espectáculo para os sentidos!

 
MYSPACE
YOUTUBE