THE WRONG REVOLUTION, A REVOLUCION EQUIVOCADA

22 Feb 2017
unnamed-2

− O director artístico e programador do cine neoiorquino, Jake Perlin, asistirá ao festival de Tui, no que presenta un ciclo de cinco películas baixo o título The Wrong Revolution

− O programa de Perlin parte da obra de Dominic Gagnon, ao que Play-Doc dedica unha retrospectiva, para profundar nas raíces dos problemas da sociedade norteamericana

 

Tui, 22 de febreiro de 2017. Play-Doc Festival Internacional de Cine Documental establecerá na súa edición de 2017, que se celebrará en Tui entre o 22 e o 26 de marzo, unha colaboración especial coa prestixiosa sala Metrograph de Manhattan, nova icona do cine independente neoiorquino que en moi pouco tempo converteuse nun lugar emblemático e punto de reunión dos cinéfilos no corazón de Nova York. O seu director artístico e programador, Jake Perlin, preparou un programa titulado The Wrong Revolution, composto por cinco películas que se proxectarán durante o festival.

Perlin partiu da obra do franco-canadense Dominic Gagnon, ao que Play-Doc dedica unha retrospectiva nesta a súa 13ª edición, para propor unha mirada que profundiza nas raíces dos múltiples problemas da sociedade norteamericana. O ciclo constará de cinco títulos que rastrexan o camiño que levou ao país máis poderoso do mundo á súa actual situación.

O director artístico de Metrograph inspírase en concreto na triloxía americana de Gagnon –as perturbadoras Big Kiss, Good Night; RIP in Pieces America, e Pieces and Love All to Hell, que se exhibirán en Tui–  para completar un programa de cinco películas que Perlin vincula ao inquietante retrato realizado por Gagnon dos demos que perturban ás masas anónimas dun país afectado por vellos prexuízos e novos odios, considerado un vaticinio da chegada de Donald Trump a presidencia dos Estados Unidos.

O programa, explica Perlin, “quere ilustrar unha época de resistencia activa na loita polos dereitos civís, que abarca desde finais do sesenta até principios do oitenta, e que a pesar de conseguir grandes vitorias foi borrada da conciencia colectiva por décadas de terxiversación da historia e sobre todo a causa do capitalismo, o que desencadearía unha revolución que colocaría a Trump na Casa Branca, de momento”

“O que Trump non sabe é que a película Stations of the Elevated acaba cun vagón de metro pasando con estrondo cara ao atardecer, ao son do Aleluia de Aretha Franklin, e I Heard It Through the Grapevine termina con James Baldwin (un dos máis grandes escritores e pensadores americanos, lembrado ou máis ben presentado aos espectadores no recente éxito I Am Not Your Negro, de Raoul Peck) dicindo despois de ser ameazado tras un discurso: ‘Non importa xa o que penses! Á doutrina da supremacía branca sobre a que se asenta o mundo occidental xa lle chegou a súa hora, xa lle chegou o seu día. Terminouse”. Como apunta Perlin, “quizás aínda quede unha hora, pero non máis”.

Ademais do seu traballo en Metrograph,  Perlin é director executivo de Cinema Conservancy, produtora consagrada ao cine independiente americano. Entre os seus máis recientes producciones atópanse Hermia and Helena (2016) e Peter and the Farm (2016). Anteriormente foi xefe de Programación para o Filme Society do Lincoln Center. O seu traballo foi recoñecido en 2015 co premio Film Heritage, outorgado por a Sociedade Americana de Críticos Cinematográficos. Perlin tamén é fundador de Film Desk, una compañía de distribución que crea novas copias en 35mm de obras maestras de Rivet, Truffaut, Godard, Pialat, Garrel, Sontag e Denis entre outros. Foi programador en BAMcinématek durante oito anos e presentado programas no museo Reina Sofía de Madrid ou no Human Rights Film Festival de Zagreb, entre outros.

Películas do ciclo ‘The Wrong Revolution’

Attica (Cinda Firestone Fox / 1974 / 80min / EE UU) é unha das películas do ciclo The Wrong Revolution que se exhibirá en Play-Doc. Nela abórdase o malestar social que alcanzou o seu apoxeo o 9 de setembro de 1971, cando un motín no cárcere estatal de Attica acabou con 43 mortos. Censurada durante máis de 33 anos, Attica supón unha reveladora e aleccionadora mirada ao corazón da xustiza americana. En I Heard it Through the Grapevine (Pat Hartley & Dick Fontaine / 1982 / 80min / EE UU), James Baldwin volve sobre os seus pasos polo Sur na época do movemento dos dereitos civís, reflexionando co seu particular perspicacia e brillantez sobre o transcurso de máis de dúas décadas. O ciclo inclúe People’s Firehouse #1 (Paul Schneider / 1979 / 25min / EE UU), que retrata unha rebelión dos polaco-americanos de Brooklyn contra a decadencia do barrio.

Stations of the Elevated (Manfred Kirchheimer / 1981 / 45min / EE UU), tamén incluída en The Wrong Revolution, é a primera película que documenta a arte do grafiti. Considerada por cinéfilos e representantes do hip-hop como unha escura peza de culto desde que se estreou en 1981 no New York Film Festival, é unha celebración da quintaesencia do grafiti como arte urbana, nunha época na que era amplamente considerado como vandalismo. Por último, I Am Somebody (Madeline Anderson / 1970 / 30min / EE UU) é un documento sobre a folga de 113 días levada a cabo por membros do Hospital Nacional da Unión e dos empregados do asilo de anciáns en Charleston, en Carolina do Sur, durante a primavera de 1969.

 

, , , , , , , , , , , , , , , , ,

Share

Google Plus Facebook Twitter Pinterest