THE WALDHEIM WALTZ DE RUTH BECKERMANN E LAMALAND DE PABLO SIGG GAÑAN O PREMIO DA 14ª EDICIÓN DE PLAY-DOC

29 Abr 2018
premiados

Ás dez da noite do domingo 29 anunciábase no 14º Play-Doc que as películas vencedoras desta edición son dúas: The Waldheim Waltz da austriaca Ruth Beckermann e Lamaland (Parte I) do mexicano-suízo Pablo Sigg. Ambas, de 2018 e estrenos en España en Play-Doc, reciben o premio outorgado polo xurado -“con absoluta unanimidade”- formado polo crítico e programador Roger Koza, a directora de programación da Cinemateca Francesa, Caroline Maleville, e unha das responsables de MUBI, cinemateca global en liña, Chiara Marañón. Na traxectoria do festival, é a primeira vez que dúas películas gañan o premio. Play-Doc continua con esta décimo cuarta edición até o vindeiro martes 1 de maio.

Así reza o comunicado do xurado: “No hemos elegido dos ganadores por motivos de debilidad argumental ni por ningún tipo de negociación entre perspectivas irreconciliables de los miembros del jurado. Creímos que era necesario dar un premio compartido debido a que no podíamos negar la ostensible importancia de un film de un maestro del documental (Ruth Beckermann) que trabaja con total lucidez y perspicacia narrativa sobre pretéritos materiales de archivo ni tampoco excluir una película que exige pensar a fondo el endeble entramado de lo real y su relación con la ficción (Pablo Sigg). Las dos películas ganadoras tienen un protagonista común, un enemigo ubico de múltiples rostros, el fascismo. Con las dos películas, Play-Doc insta a su audiencia a cuestionar las formas de representación en el cine contemporáneo y asimismo a continuar con un trabajo crítico sobre los conceptos de ficción y no ficción. Dejar afuera a cualquiera de las dos películas resultaba una injusticia para el festival y para el cine”.

Mentiras, verdades, realidades alternativas. The Waldheim Waltz analiza o proceso que acabou por sacar á luz o pasado do ex Secretario Xeral das Nacións Unidas, Kurt Waldheim, como criminal de guerra, por parte do Congreso Xudeu Mundial. Realizado a partir de material filmado pola propia Beckermann e tamén con arquivos de televisións de diversos países, este estremecedor documental amosa o efectiva que resulta a propagada e o discurso político populista para manipular e espertar sentimentos de odio e anti-semitismo na sociedade. The Waldheim Waltz coloca o caso Waldheim nun contexto de política internacional máis amplo. Transcorridos 30 anos, continúa sendo un tema preocupante e de actualidade.

Ruth Beckermann naceu en 1952 en Viena, onde pasou a súa infancia. Despois estudou xornalismo e historia da arte en Vienna, Tel Aviv e Nova York. Traballiu como xornalista en vaias revistas de Austria e Suiza. Desde 1985 traballa como escritora e realizadora. The Waldheim Waltz recibiu tamén o premio ao mellor documental no último Festival de Berlín.

Pola súa parte, Pablo Sigg (Mexico, 1974) é coñecido polos seus concienzudos procesos de investigación. O seu filme Lamaland (Teil I), cuxa estrea mundial tivo lugar no Festival de Cine de Rotterdam, é o primera parte do seu proxecto con Friedrich e Max Josef Schweikhart, sobrevivintes directos da comunidade utópica imaxinada por Richard Wagner e establecida ao sur do Amazonas a finais do século XIX por Elisabeth Förster-Nietzsche, irmá do filósofo. A película foi realizada en Nueva Germania, Paraguai.

Share

Google Plus Facebook Twitter Pinterest
Tui