Taller 16mm

foto_catalogo_web_taller_16mm

Alquimistas do documental persoal: A Bolex 16mm como forma de levitación

Son moitas as minorías de cineastas que hoxe seguen utilizando o 16mm. Na era dixital, persisten os creadores que elixen o celuloide para dotar ás súas películas dunha aura, proceso creativo ou carácter que o vídeo non lles da. O cinema non morreu, senón que no seu delirio expandido renóvase, volve á orixe, e retroaliméntase dos pioneiros que defenderon a creación cinematográfica como un xesto artístico.

Este taller proponse contrarrestar a experiencia líquida do exceso dixital ofrecendo como sólido o celuloide. Nun acto de resistencia, rodaremos en 16mm, revelaremos nós mesmos a película b&w, para tocala ou rallarla, o que dalgunha maneira significa volver á esencia do cinema. Razóns sentimentais conectan esta práctica alternativa actual coa propia historia do cinema independente ou experimental.

Paralelamente a esa experiencia física de tocar a película, o curso quere incidir nesas «razóns do sentimento» e para iso ofrecemos unha viaxe a través de fragmentos de películas e textos de autores que desde as vangardas seguen sendo fonte inesgotable de inspiración. Así, a través da cámara Bolex como obxecto de culto, penetrámos nas obras de cineastas-artistas que con diferentes aproximacións ou estilos entenderon o cinema como un acto íntimo e subxectivo (Maya Deren, Andy Warhol, Marie Meken, Jonas Mekas, Chris Marker, Stan Brackage, Barbara Hammer, Phil Hoffman, Tacita Dean, etc). Un cinema persoal, de ensaio, amateur (de amar), case sempre autobiográfico e que se fai tamén, ou sobre todo, para compartir cos amigos.

Porque queremos recoñecernos no presente e no contexto, tamén veremos exemplos do Novo Cinema Galego trazando unha viaxe a través de fragmentos de películas de creadores que utilizaron o 16mm, ás veces con cámara Bolex, desde unha proposta radical e contemporánea (Alberte Pagán, Alberto Gracia, Oliver Laxe, Marcos Nine, Carla Andrade, Jaione Camborda, Miguel Mariño, Helena Girón e Samuel Delgado).

Volvendo á praxe, no técnico estudaremos a cámara, o seu funcionamento e posibilidades (exposición con fotómetro, velocidades, sobreimpresiones), cargaremos o chasis e cada alumno rodará unha peza esgotando unha respiración da Bolex (30 seg aprox). Para pechar o proceso completo, terminaremos na fase química preparando os líquidos e revelando a man a película. Finalmente, como non, proxectaremos o resultado.

Ao terminar o taller teremos unha idea básica do funcionamento desta cámara, así como experimentariamos coas mans o revelado de película de 16mm. E paralelamente ao técnico, realizariamos unha viaxe (acelerado pero iluminador) a través de cineastas de referencia que fixeron desta cámara revolucionaria a súa aliada para realizar documentais persoais ou experimentais.

O taller está dirixido pola cineasta, documentalista e docente Xisela Franco, e por Pablo Gómez Sala, director de La Cinematográfica e profesor en CinemaEscola, escola de cinema e artes visuais.

 

Información práctica

Amara e a película: 

  • Como cargar a película
  • Exposición, foco e diafragma
  • Automático Vs manual
  • Características da película reversible

A filmación

  • Ejercicio de filmación en exteriores

O revelado:

  • Introducción ao revelado
  • O tanque: Exercicio práctico de carga da espiral
  • Os químicos e o revelado
  • Secado da película

A proyección:

Aprenderemos a cargar un proxector de 16mm para ver o resultado do material.

 

Inscrición aberta: os interesados en participar deben inscribirse a través da web de La Cinematográfica.

 

Logo la cinematografica

Tui