EN PRIMEIRA PERSOA. UN RETRATO COLECTIVO.

Somos conscientes do momento histórico que estamos a vivir por mor da crise provocada polo coronavirus e de como esta pandemia está a transformar os nosos modelos de comportamentos en sociedade, as nosas relacións e a nosa cotidianidade.

Play-Doc quere contribuír ao rexistro deste momento histórico valéndose da extraordinaria capacidade que ten o cinema para capturar o momento presente

O obradoiro será impartido por Eloy Domínguez  Serén, recoñecido cineasta galego que conta cunha notable traxectoria internacional, na que destacan títulos como  Hamada ou  Now cow on the ice, entre outros.

Baixo o título En primeira Persoa: Un Retrato Colectivo, este obradoiro convida a veciños de Tui e da comarca a explorar a súa propia visión deste tempo que nos tocou vivir, animando a cada participante a realizar un pequeno filme na que retrate, expoña ou reflexione sobre o modo en que toda esta situación está a cambiar a maneira en que nos relacionamos coa nosa contorna, os nosos veciños e a nosa comunidade.

Os participantes traballarán nesta obra coral, na que reflexionarán acerca da súa propia experiencia, tecendo xuntos un valioso entrelazado de pequenas historias persoais e colectivas.

As obras finalizadas presentaranse dentro do marco da celebración desta décimo sexta edición de Play-Doc.

ENTRADAS

 

en-primera-persona