Play-Doc TV: Un festival de cinema na casa

20 Xan 2016
play-doc-TV-logo-negro

Desde hai apenas dous anos puxemos en marcha un proxecto complementario ao Festival e no que estamos realmente ilusionados e comprometidos: a Play-Doc TV, a nosa propia canle de televisión por cable a través da operadora galega R.

Play-Doc TV funciona como unha plataforma de VOD que che permite ver desde a casa, cando queiras e as veces que queiras, calquera título dun amplo e suculento catálogo cargado de grandes obras do cinema independente. Además, en Play-Doc TV, tamén poderás gozar durante todo o ano de moitos dos filmes que se presentan no Festival.

Se tes R Televisión, tes Play-Doc TV… Non agardes máis, subscríbete agora co teu mando de R e faite por apenas 2 € cunha exclusiva selección de grandes títulos. (LEER +) Ninguén dá tanto por tan pouco. Súmate á nosa gran comunidade de máis dun milleiro de subscritores que gozan xa do mellor Festival na pequena pantalla.
Descobre aquí o noso marabilloso catálogo: http://tv.play-doc.com
Subscricións: No mando de R, preme video/suscripciones/play-doc, e xa está!!

Outra Televisión é posible. Desde Play-Doc estamos realmente satisfeitos e orgullosos de poder contribuír a unha televisión alternativa e de calidade, e dar ademais unha maior difusión a un cinema ao que é moi difícil acceder fóra do circuíto de festivais.

Share

Google Plus Facebook Twitter Pinterest