Play-Doc revalida a súa sección da crítica

20 Xan 2016
resonancias

Desde Play-Doc poñemos en marcha por segundo ano consecutivo a sección da crítica RESONANCIAS. Organizada en colaboración coa Asociación Convergencias de la Crítica Cinematográfica, que se encarga da selección dos títulos, este programa intenta funcionar como punto de unión para a crítica cinematográfica, en especial aquela máis puxante e nova, nada no seo de internet.

Outra das ideas fundamentais desta iniciativa é achegar o diálogo da crítica ao público, polo que todas as sesións son presentadas polos profesionais que elixiron as películas, para promover a conversa en torno a elas. Neste mesmo espírito de crear comunidade no certame, este ano a convocatoria ábrese a críticos estranxeiros ata en catro idiomas: español, inglés, francés e portugués.

A diferencia das máis habituais seccións da crítica, que propoñen unha selección pechada dende a equipa de programación do festival en colaboración con críticos; neste caso ábrese unha convocatoria para que todo crítico que así o desexe, poida enviar as súas propostas. A equipa de RESONANCIAS elexirá tres delas, tendo en conta a relevancia dos títulos enviados como renovadores da linguaxe cinematográfica, e a calidade dos argumentos expostos. Os críticos poden enviar os seus textos ata o 15 de febreiro. As bases poden consultarse xa na web.

Como novidade, as películas seleccionadas optarán amais ao premio CAMIRA da crítica, outorgado pola asociación internacional de críticos do mesmo nome, competindo en igualdade de condicións cos títulos da sección oficial. En breve, daremos a coñecer a composición dos xurados e das películas seleccionadas en cada unha das seccións do festival.

Pdf descargar bases participación

,

Share

Google Plus Facebook Twitter Pinterest