PLAY-DOC PRODUCE O NOVO VIDEOCLIP DE RICARDO DIAS GOMES

13 Nov 2018
Captura de pantalla 2018-11-12 a las 23.20.59

Play-Doc produce o videoclip de 1 2 3 Nenéns, un dos temas de Aa, o segundo traballo en solitario do músico brasileiro Ricardo Dias Gomes, que tras 10 anos acompañando a Caetano Veloso entre numerosos discos e xiras por todo o mundo, continúa a súa carreira en solitario.

Na súa pasada edición 2018 o festival levou a cabo, xunto á asociación La Cinematográfica, un ambicioso labor de recuperación, organización e dixitalización de películas domésticas en super 8, filmadas polos veciños de Tui durante os anos 60, 70 e 80. En total rescatáronse máis de 7.000 metros de películas que volveron ver a luz despois de décadas enteiras esquecidas en trasteiros e bufardas. Parte deste precioso material reorganizouse de novo e foi presentado ao público na inauguración e clausura do festival, transformando a memoria familiar na memoria visual colectiva e histórica de Tui, e pondo en valor os vínculos entre Play-Doc e a localidade pontevedresa que acolle a este festival desde os seus inicios.

Agora estas imaxes protagonizan o novo videoclip de Ricardo Dias Gomes, froito da colaboración entre Play-Doc e o músico brasileiro.

Desde a organización do festival agradecemos especialmente a todas as familias que nos cederon os dereitos das imaxes para a súa realización.

 

Idea Orixinal: Ricardo Dias Gomes

Montaxe: Gus Abreu

Produción: Ángel Sánchez para Play-Doc

Share

Google Plus Facebook Twitter Pinterest
Tui