Noticias

Play-Doc presenta unha nova edición e desvela a súa programación de cinema galego

28 Mar 2019
lucia-con-sombra

Festival Internacional de cinema  Play-Doc que se celebrará do 3 ao 7 de abril na cidade fronteriza presenta a programación de cine galego. O certame chega a súa décimo quinta edición convertido nun referente a nivel internacional. Primeiras retrospectivas en España, estreas e cineastas de culto que conforman unha das edicións máis ambiciosas do festival galego. O certame contará con lendas do cinema como o norteamericano Bruce Weber, ou o pai do cinema filipino, Kidlat Tahimik, unha sección oficial chea de estreas españolas, así como un gran número de actividades paralelas que converterán á cidade galega no epicentro do cinema de non ficción durante cinco días.

Panorama Galicia. Un dos compromisos e obxectivos de Play-Doc é poñer en valor o enorme talento cinematográfico que hai en Galicia. Nesta sección mostraranse traballos recentes producidos en Galicia que  exemplifican como este territorio segue en constante ebulición. Os títulos seleccionados son: A Typical Morning de Arancha Brandon, Empalaos- Valverde de la Vera de Iria Sanjurjo, Gallo de Antonio Díaz Huerta, Hamada de Eloy Domínguez Serén, Ilha de Alexandre Cancelo, Lucía en la Noche de David Varela, Manoliño Nguema de Antonio Grunfeld, Rexistros, Xeografía de San Sadurniño de Adrián Canoura e What you gonna do when the world´s on fire dirixida por Roberto Minervini coa dirección de fotografía a mans do galego Diego Romero Suárez-Chairo.

Play-Doc TV- North by Northwest. Hai uns anos Play-Doc e R, o operador de cable en Galicia, puxeron en marcha a  Play-Doc TV, unha versión televisiva do festival en forma de plataforma de  VOD cuxo obxectivo é achegar ao público, durante os 365 días do ano, un cinema á marxe dos circuítos comerciais dándolle así un maior alcance e visibilidade. Os responsables do festival anunciaron que  Play- Doc TV expándese, dando un paso máis e informaron que a partir de abril estenderase por todo o noroeste peninsular, sendo accesible non só en Galicia a través de R, senón tamén en Asturias, a través de  Telecable, e en Euskadi con Euskaltel.

Para celebrar esta nova etapa nace unha nova sección dentro do festival. North by Northwest, (título tomado do clásico de Hitchcock) na que teñen cabida películas procedentes do norte e noroeste peninsular. As películas que conforman este programa son, a asturiana dirixida por Marcos M.  Merino, In Memorian (la derrota conviene olvidarla), a galega La Estrella Errante obra do realizador ferrolán Alberto Gracia, e última película da directora vasca Maider Oleaga, Muga Deitzen Da Pausoa- Paso al límite.

Con este programa, o festival galego, volve demostrar o seu compromiso por visibilizar o traballo dos cineastas máis próximos, poñendo en valor o enorme talento e diversidade de propostas de calidade que existen, e que por desgraza contrasta coas enormes dificultades que ten o público para acceder a estes contidos.

 

 

Share

Facebook Twitter Pinterest
Tui