Play-Doc Live!

DomenicoLancellotti

DOMENICO LANCELLOTTI (Rio de Janeiro)

23:59h SÁBADO 25 DE SETEMBRO

ENTRADAS

Multinstrumentista, cantante, compositor, produtor e artista visual,  Domenico  Lancellotti é un dos grandes nomes da música popular brasileira contemporánea. Nacido en Rio de Janeiro, de ascendencia italiana, na década dos 90 formou a banda de rock experimental  Mulheres Que Dizem á vez que comezou a traballar con Moreno Veloso e Alexandre Kassin no proxecto + 2.

Foi un dos fundadores de Orquestra Imperial e colaborou cos proxectos Os Ritmistas, Vamos Estar Fazendo e Meia Banda. Como músico, compositor e produtor, traballou con Adriana Calcanhotto, Caetano Veloso, Arto Lindsay, Gilberto Gil, Moreno Veloso, Gal Costa e Chrissie  Hynde.

Tamén compuxo bandas sonoras para teatro, danza e instalacións artísticas. Despois de Cinema Privê (2011) e Serra dos Órgãos (2017), lanzou recentemente Raio, un álbum gravado en Río de Janeiro e Lisboa, que explora as raíces da música popular brasileira e o ritmo da electrónica, cun “sentimento de reconstrución e renacemento”.

 

son-estrella-galicia

BLURRY THE EXPLORER

BLURRY THE EXPLORER (Nova York)

23:59h SÁBADO 25 DE SETEMBRO

ENTRADAS

Pura experimentación e poesía sonora no novo proxecto musical do  baterista Jeremy  Gustin (Albert Hammond Jr) xurdido do encontro co baixista e compositor Ricardo Dias Gomes (Caetano Veloso), o guitarrista Ryan Dugre ( Rubblebucket, Joan As Police Woman), e o guitarrista e produtor Leo  Abrahams ( Brian Eno, Paul Simon).

 

son-estrella-galicia
no-somos-nada

NO SOMOS NADA

Javier Corcuera, 100', 2021, Peru-España
Dirixido por Javier Corcuera
Guión: Javier Corcuera, Manuel Viqueira
Montaxe: Martín Eller
Fotografía: Mariano Agudo
Son: Daniel de Zayas, Ángel Katarin, Carli Pérez , José Tomé, David Machado
Música: La Polla Records

La Polla Records, unha das bandas máis lendarias do punk, regresa para dicir adeus. Con motivo da xira definitiva do grupo, o seu vocalista, Evaristo Páramos, revive 40 anos de historia desde o seu pobo en Euskadi. Esta é a rocambolesca historia duns aldeáns que revolucionaron a música enrabietada cunhas cancións convertidas en himnos polos seus miles de seguidores.

ENTRADAS