Play-Doc Live!

LesDeuxluxes

LES DEUXLUXES

Les Deuxluxes veñen armados até os dentes con potentes voces, ritmos primarios e dúas furiosas guitarras. Procedentes de Montreal, esta banda de dúas formada por Anna Frances Meyer (voz, guitarra) e Étienne Barry (percusión, guitarra e voz), ten actitude e técnica dabondo como para non precisar de nada máis, mentres a suor e a purpurina se funden nunha mestura propia de feroz rock’n’roll. Este dúo inimitable promete todo o lume do inferno nun show que nos namorará cos seus sons únicos, clásicos e poderosos. As súas actuacións salvaxes e sensuais garanten unha sacudida até a medula. Prepárate.

ENTRADAS – 13 € /  ANTICIPADAS – 10 €…. AQUÍ:  EN TICKETEA

son-estrella-galicia-SON

Adriana Proenza

ADRIANA PROENZA

DOMINGO 7 DE ABRIL 13:00-16:30 / SUNDAY APRIL 7th 13:00 -16:30h
PASEO FLUVIAL /RIVER WALK
Entrada de balde / Free Entrace

Repetimos alianza cun dos nosos eventos musicais preferidos. Cada ano, o Festival Sinsal SON Estrella Galicia proponnos un artista para que actúe en directo nun lugar especial de Tui. Nesta ocasión será a asturiana Adriana Proenza, que virá por primeira vez a Galicia para presentarnos o seu estilo, que se move entre o R&B contemporáneo e a música pop. Vémonos á beira do Miño… poderás comer, beber e bailar neste «pícnic musical».

logo-sinsal
Tui