Play-Doc Live!

rubblebucket

RUBBLEBUCKET

SÁBADO 28 DE ABRIL 00:30h
SALA METROPOL, Anticipada 12€ / Billeteira 16€
Entradas anticipadas aquí.-.  TICKETEA
Entrada de balde con pase especial supporter

Nunha era onde a imitación se converteu no camiño ao éxito, Rubblebucket mantivéronse fieis ás súas raíces infestadas de influencias e formas sonoras non convencionais. Indi, afro- funk, art-rock, pop, dance… son só etiquetas incapaces de acoutar o eclecticismo e a orixinalidade dunha banda cuxo único propósito é que as súas cancións emocionen, e che fagan saltar da túa cadeira e poñerte a bailar.

Á fronte da banda están Kalmia Traver (voz e saxo tenor) e o trompetista Alex Toth. O seu cuarto EP If U C My Enemies, exemplifica perfectamente porqué miles de persoas gravitaron ao redor do son destes músicos con sede en Brooklyn. É sobresaínte, divertido, apegadizo e optimista. É, noutras palabras, o tónico perfecto para os días tristes. Levantará o teu ánimo e poñerache de pé, lembrándonos que a música pode conmovernos de moitos xeitos.

son-estrella-galicia-SON

Esteban_y_Manuel

Esteban & Manuel: A proposta tropical de Sinsal para Play-Doc

Martes 1 de maio | 13:00 h-16:00 h | Paseo Fluvial – Tui

Unha edición máis, o festival Sinsal SON Estrella Galicia e Play-Doc estreitan lazos no seu afán de descubrir talento creativo nun ambiente relaxado e coa proximidade do público. Sinsal propón unha xornada de baile coa cumbiatune deste duo coruñés.

Esteban & Manuel son un fenómeno da música. Co seu primeiro disco “La banda sonora de tu día a día” (La Melona, 2017), Esteban & Manuel convertéronse nunha sorpresa non só no panorama musical galego, senón tamén fóra, especialmente tras o seu paso polo Monkey Week (Sevilla) o pasado ano. Sen complexos, estes dous amigos amantes da música latina con apariencia un chisco demodé, serán os encargados de traer a verbena para o mediodía do 1 de maio, xornada de clausura do festival.

logo-sinsal-2018-print
Tui