Play-Doc Live!

PLAY-DOC LIVE & SINSAL SON ESTRELLA GALICIA

Play-Doc tamén é música, e este ano máis que nunca, a música ten un enorme protagonismo en todo o programa.
Aínda por riba nesta edición contamos cunha colaboración moi especial, a de Sinsal Son Estrela Galicia, un dos nosos festivais musicais preferidos e un dos máis singulares que coñecemos.
Con eles compartimos a paixón pola música, o traballo duro e a aposta por unha cultura alternativa, emocionante e con personalidade propia. Por iso estamos felices de compartir con eles tamén a nosa pantalla, os micros e os escenarios.
Mostrarannos as reviravoltas do seu magnífico festival a través do documental Tres días. Un barco. Auga., e aproveitando a ocasión preparámosvos conxuntamente un programa de fantásticos concertos para a noite do sábado.
Esperamos que vos guste. Nós estamos encantados.

tresdiasunbarcoauga

TRES DÍAS. UN BARCO. AUGA.

Alexandre Cancelo, 18', 2016, España
Directed and written by Alexandre Cancelo
Cinematography: Fon Cortizo, Javier Álvarez
Producers: Julio Gómez, Luis Campos
Editing: Alexandre Cancelo
Sound: Martiño Lois Méndez

Tres días nunha illa. Un festival ao que só se pode acceder en barco. E auga, nada máis que auga ao redor. O Festival Sinsal Son Estrella Galicia repítese cada ano na illa de San Simón, un espazo histórico onde nace a Ría de Vigo. Tres días. Un Barco. Auga. é un achegamento impresionista a un evento singular, unha suma de conversas poliédrica que funciona coma un ollo que fai seu o espazo e o tempo dun festival internacional do que ninguén pode saír sen máis. Michael Rother, Camila Moreno, os membros da organización, Champs… todos son protagonistas dun documento que non xulga, simplemente observa.

Contacto:
Alexandre Cancelo
alexandrecancelo@gmail.com

Concertos

dachick_

DA CHICK

SÁBADO 16 DE ABRIL 00:30h

SALA METROPOL 8€

Entrada de balde con pase especial.

Un dos nomes máis interesantes da nova escena musical portuguesa; Da Chick foi recentemente seleccionada para representar a Portugal na última edición de Eurosonic, o gran escaparate europeo de novos talentos.

Con paixón e sinxeleza, Da Chick sabe o que quere. Ela soa é capaz de combinar o Old School Funk, coa cadencia do Soul e saltar ao ritmo de Disco; todo iso, cun cóctel na man ben aderezado con doces letras e deliciosos ritmos, que xa soan desde 2009.

youthless_

YOUTHLESS

SÁBADO 16 DE ABRIL 00:30h

SALA METROPOL 8€

Entrada de balde con pase especial.

Youthless son Alex Klimovitsky (batería, sintetizador e voz), Sebastian Ferranti (baixo e voz) e Francisco Ferreira ás teclas. Este trío divide o seu tempo entre Lisboa e Londres, onde gravaron o seu primeiro EP, Telemachy, producido por Rory Attwell (Test Icicles).

O estilo único e inconfundible desta banda converteunos nunha referencia na escena de Londres, Nova York e Lisboa. Youthless foron nomeados “Mellor Nova Banda de 2011” polo blog Inglés ANBAD e a BBC1.

Este pasado mes de marzo presentaron o seu esperado álbum This Glorious Non Age, mesturado por Justin Garrish (Vampire Weekend, The Strokes, Weezer), e con temas remesturados por Olugbenga, baixista de Metronomy.