Noticias

Play-Doc anuncia os filmes que formarán parte da súa sección competitiva

27 Ago 2020
8_suzanne

Catro  que compoñen a súa sección competitiva poderán verse por primeira vez en España

Tres delas estrearanse simultaneamente na plataforma de cinema online FILMIN

Play-Doc, Festival Internacional de Cinema de Tui, que se celebrará do 23 ao 27 de setembro, presenta en rigorosa estrea española catro dos cinco títulos que conforman a súa sección oficial. Cinco filmes procedentes de Chile, Arxentina, Bélxica e Portugal, que se poderán ver por primeira vez en España despois dun percorrido exitoso por algúns dos principais festivais internacionais.

Play-Doc, deseña a súa programación presentando primeiras obras de cineastas emerxentes así como de realizadores xa consagrados, e cuxas obras establecen entre si interesantes diálogos. Ao tempo e ao espazo, aspectos fundamentais da arte cinematográfica, súmaselles o poder evocador das palabras, as imaxes mentais que estas provocan e as imaxes que compoñen poemas. Nesta selección de cintas atopamos voces en primeira persoa, autobiográficas, epístolas, diarios ou relatos que deambulan por diferentes xeografías, reais ou ficticias pertencentes ao presente, ao futuro ou ao pasado, e capaces de reconstruír vidas.

Nesta décimo sexta edición, o certame terá a honra de presentar Nunca subí el Provincia (2019, Chile), o último filme de Ignacio Agüero, o singular e prestixioso cineasta chileno, que se fixo co premio á mellor película en Fidmarseille 2019.

Tamén chega a Play-Doc Las Poetas Visitan a Juana Bignozzi (2019, Argentina) de Laura Citarella y Mercedes Halfon, estreada internacionalmente en IFFR (Festival Internacional Róterdam) e galardoada no Festival Internacional de Cinema de Mar de Plata. Un filme que nos descobre a obra da xenial poeta Juana Bignozzi, autora de marabillosos, provocadores e desgarradores poemas.

Despois do seu exitoso paso polo Festival Internacional de Cinema de Berlín, as novas realizadoras belgas Sofie Benoot, Liesbeth De Ceulaer e Isabelle Tollenaere chegan a Tui para presentar Victoria (2020, Bélxica).

Completa a programación desta sección a competición, Suzanne Daveau (2019, Portugal), da realizadora Luísa Homen, que tivo a súa estrea na pasada edición do festival DocLisboa. O filme esboza o retrato doutra muller excepcional, a apaixonante vida da xeógrafa Suzanne Daveau. A través dos seus recordos viaxamos por numerosos territorios e diversos contextos desde o inicio do s. XX ata o tempo presente.

Nesta edición tan especial, Play-Doc chegará a moitos máis espectadores grazas á colaboración coa plataforma online de cinema FILMIN onde o festival terá un espazo reservado entre os días 18 e 27 de setembro. Ademais dunha gran selección de películas, poderanse ver tres dos títulos desta sección competitiva. Os espectadores poderán gozar da película de Ignacio Agüero, Nunca subí el provincia, tamen de Las Poetas Visitan a Juana Bignozzi de Laura Citarella e Mercedes Halfon e Suzanne Daveau da realizadora Luísa Homen.

O festival continúa desvelando novos contidos e actividades dunha edición na que a seguridade sanitaria dos seus espectadores e artistas será unha prioridade para a organización.

Play-Doc Festival é posible grazas ao apoio da Xunta de Galicia, Agadic, Xacobeo 21, Deputación de Pontevedra, Concello de Tui, AC/E Acción Cultural Española, e outras entidades públicas e privadas.

 

Nunca subí el Provincia
Ignacio Agüero
Chile, 2019
 

O filme é a relación dun cineasta coa esquina da súa cuadra, onde un novo edificio cambiou a vida do barrio e ademais interrompeu a visión que el tiña do cerro provincia e da cordilleira dos Andes. Esta situación a conta en cartas manuscritas a unha nova cineasta que un día foi a deixarlle a súa primeira película. O filme é a relación dun cineasta co seu barrio, no que un novo edificio oculta agora as vistas que el tiña desde a súa casa do cerro Provincia e da cordilleira dos Andes.

 

 

 

Victoria
Sofie Benoot, Liesbeth De Ceulaer e Isabelle Tollenaere
Bélgica, 2020
 

No deserto de Mojave ao sur de California atópase a cidade inacabada de California City. Ideada 60 anos atrás, orixinalmente a cidade pretendía ser unha reprodución de Los Angeles en tamaño e poboación, pero nunca chegou a terminarse. No centro de Victoria está Lashay T. Warren, que deixou atrás o seu turbulento pasado en Los Angeles para comezar unha vida nova dentro desta rede de miles de rúas derruidas. Victoria evoca un deambular no que elementos reais e imaxinarios entrelázanse, e no que Lashay T. Warren, coma se dun pioneiro contemporáneo tratásese, escribe o seu propio camiño e deixa unha pegada tras de si.

 

Las Poetas Visitan a Juana Bignozzi
Laura Citarella y Mercedes Halfon
Argentina, 2019
 

Unha poeta morre. Outra, máis nova, recibe como herdanza o mandato de facer coñecer a súa obra. A esa tarefa súmase un equipo de mulleres de cinema. Ese estraño triángulo pon en marcha este filme que, curiosamente, non adopta a forma dunha investigación senón dun armazón aínda máis complexo e sutil. Previsiblemente, xorden preguntas, pero tamén revelacións, momentos case secretos de beleza e de lucidez, e unha persistente incerteza que acaba por volverse un obxectivo. A través desas estratexias laterais, Juana Bignozzi acaba por aparecer no filme en todo o seu esplendor, invencible e vital: o filme triunfa.

 

Suzanne Daveau
Luísa Homen
Portugal, 2019
 

“Non hai ciencia, nin progreso no coñecemento, sen amor, sen paixón, sen identificación, mesmo cando se trata dun tema aparentemente desprovisto de vida, como a evolución dunha vertente ou a orixe dun chuvieiro. Pódese quizais, aplicar unha técnica rutinariamente e con pura obxectividade, pero certamente non se puiden descubrir algo novo sen que o investigador implíquese por completo no tema que tenta dilucidar. Suzanne Daveau traza o esbozo dunha muller aventureira que atravesa o s. XX, ata hoxe en día, guiada pola súa paixón pola investigación xeográfica. O filme transita entre os numerosos espazos-mundo percorridos pola xeografía e os espazos-casa reservados que acollen a súa vida privada.

Share

Facebook Twitter Pinterest