Noticias

Os Festivais Play-Doc e Sinsal alíanse para fusionar música e cinema

22 Mar 2016

O Festival Internacional de Documentais Play-Doc sempre se caracterizou por conceder un lugar especial á música, con proxeccións de documentais sobre bandas que ademais tocan en directo. Nesta edición, levará ao escenario as formacións Da Chick e Youthless da man do Festival Sinsal Son Estrella Galicia; un evento irmandado con Play-Doc no seu espírito de

Ler Mais

Saludo Claire Simon

21 Mar 2016

Play-Doc en Tui.
Pequena vila fronteiriza. Cada día, cada noite, preguntábame de onde saían todas aquelas persoas que enchían as salas deste festival.
Aqueles días de encontro cun público totalmente descoñecido foron extraordinarios.
Coñecín a críticos moi esixentes, cando non duros, ao tanto de todas as novidades do mundo, verdadeiros amantes da singularidade no cinema…

Ler Mais

Nove títulos na sección galega máis global de Play-Doc

16 Mar 2016

O Festival Internacional de Documentais Play-Doc, a celebrarse do 13 ao 17 de abril vindeiros en Tui, afianza o seu compromiso co cinema galego con nove títulos na sección ‘Galicia’, amais de contar na internacional con Non hai vacas sobre o xeo, do pontevedrés Eloy Domínguez Serén. Nunca nunha edición anterior do certame, se recibira

Ler Mais

Play-Doc presenta unha selección oficial chea de multipremiados filmes

9 Mar 2016

Play-Doc Festival Internacional de Documentais, proxectará entre os próximos 13 e 17 de abril en Tui, un total de cinco títulos de probada valía na súa sección oficial. Descubertos en prestixiosos festivais internacionais, todos eles obtiveron un percorrido cheo de premios e eloxios de crítica e público. Media decena de películas que achegan a Tui

Ler Mais

Play-Doc rende homenaxe ao cineasta de culto Charles Burnett

4 Feb 2016

Play-Doc Festival Internacional de Cinema Documental acollerá entre os próximos 13 e 17 de abril unha retrospectiva do realizador afroamericano Charles Burnett. Ademais, o certame contará por primeira vez cunha publicación titulada Charles Burnett: un cineasta incómodo. Trátase do primeiro volume monográfico dedicado a este autor, tanto en lingua inglesa como española, os dous idiomas

Ler Mais

Play-Doc revalida a súa sección da crítica

20 Xan 2016

Desde Play-Doc poñemos en marcha por segundo ano consecutivo a sección da crítica RESONANCIAS. Organizada en colaboración coa Asociación Convergencias de la Crítica Cinematográfica, que se encarga da selección dos títulos, este programa intenta funcionar como punto de unión para a crítica cinematográfica, en especial aquela máis puxante e nova, nada no seo de internet.

Ler Mais

Play-Doc TV: Un festival de cinema na casa

20 Xan 2016

Desde hai apenas dous anos puxemos en marcha un proxecto complementario ao Festival e no que estamos realmente ilusionados e comprometidos: a Play-Doc TV, a nosa propia canle de televisión por cable a través da operadora galega R.
Play-Doc TV funciona como unha plataforma de VOD que che permite ver desde a casa, cando

Ler Mais

Cambiamos a nosa web e estamos en plena mudanza

19 Dec 2015

Desculpen as molestias, estamos a traballar nunha nova web. En breve contaredes con toda a información sobre esta edición do festival así coma do resto de proxectos que levamos a cabo desde Play-Doc.
Mentres, non esquezan seguirnos en Facebook, Twitter e na nosa canle de Youtube.

Ler Mais