Noticias

CINEMA GALEGO EN PLAY-DOC 2018: 10 TÍTULOS E 3 PROCESOS

19 Abr 2018

Beli Martínez, programadora da sección de cinema galego, destaca que Play-Doc é “unha cita básica para todas as persoas que fan cine en Galicia, un punto onde nos encontramos, onde nos recoñecemos e, tambén, onde nos divertimos. A selección de filmes galegos no 14º Play-Doc: “Alberto García Alix. La línea de la sombra” (Nicolás Combarro,

Ler Mais

ESTEBAN & MANUEL: A PROPOSTA TROPICAL DE SINSAL PARA PLAY-DOC

16 Abr 2018

Esteban & Manuel son un fenómeno da música que procede da Coruña. E este ano veñen a Play-Doc co seu estilo de música tropical, que eles mesmos denominan cumbiatune. O Festival Internacional de Documentais Play-Doc sempre se caracterizou por conceder un lugar especial á música; nesta edición ademais do xa anunciado concerto en exclusiva dos

Ler Mais

UNHA OBRA MESTRA DE DENNIS HOPPER E A ESTREA ESPAÑOLA DE STREETWISE EN PLAY-DOC 2018

12 Abr 2018

Play-Doc continua fiel á súa tradición de recuperar e redescubrir realizadores de culto, así como obras mestras pouco coñecidas. Con este ciclo que leva por título (Anti)heroínas, o festival propón catro títulos entre os que poderemos ver a película máis descoñecida de Dennis Hopper, considerada por moitos como o seu maior logro como realizador, e

Ler Mais

PETER EMANUEL GOLDMAN: VANGARDA, UNDERGROUND E POESÍA EN PLAY-DOC 2018

4 Abr 2018

Play-Doc pode presumir da presenza de lendas do cinema e autores malditos desde as primeiras edicións do festival. Retrospectivas que son descubrimentos en exclusiva para a un público que valora moito, ademais, o contacto directo cos cineastas. En 2018, o estadounidense Peter Emanuel Goldman (Nova York, 1939) estará en Tui na que será a súa

Ler Mais

BRASIL NAS MARXES EN PLAY-DOC 2018: O CINEMA DE ALOYSIO RAULINO E OZUALDO CANDEIAS

27 Mar 2018

A primeira retrospectiva dedicada ao brasileiro Aloysio Raulino (1947-2013) fóra do seu país terá lugar en Play-Doc 2018. Realizador nas marxes, brillante fotógrafo e cineasta singular hoxe recoñecido como unha voz única na cinematografía de Brasil, o festival de Tui acolle a obra dun cineasta de culto cuxo traballo constitúe unha xoia agachada. Brasil e

Ler Mais

RUBBLEBUCKET EN DIRECTO: A BSO DE PLAY-DOC 2018 CHEGA DESDE BROOKLYN

22 Mar 2018

En exclusiva para Play-Doc Festival Internacional de Documentais a banda de Brooklyn, Rubblebucket, actuará o sábado 28 de abril na sala Metropol de Tui. Será un concerto único cun grupo cheo de enerxía e fóra de etiquetas dentro da escena independente norteamericana, cuxas caras visibles son a cantante e saxofonista Kalmia Traver e o trompetista

Ler Mais

PLAY-DOC 2018 ABRE INSCRICIÓN PARA SEMINARIOS E OBRADOIROS

1 Mar 2018

A dous meses para a apertura da décimo cuarta edición do Play-Doc Festival Internacional de Documentais de Tui , o certame abre as convocatorias para os obradoiros e seminarios que formarán parte da súa programación. Crítica feminista e cinema artesanal son os eixos sobre os que xira a oferta formativa en colaboración con A Cuarta

Ler Mais

PLAY- DOC GAÑA O PREMIO DO PÚBLICO CULTURGAL 2017

15 Xan 2018

O Festival Internacional de Cinema de Tui recibe o premio do público na Feira da Industrias Culturais de Galicia 2017.
A organización destacou a capacidade innovadora deste evento con proxección internacional. Unha cita anual que mostra as diversas caras do cinema de non ficción a nivel mundial cunha programación arriscada e sorprendente capaz de congregar

Ler Mais

A APAIXONANTE OBRA DE MATÍAS PIÑEIRO, NA PLAY-DOC TV.

12 Nov 2017

Play-Doc TV presenta a retrospectiva integral da obra do celebrado cineasta arxentino Matías Piñeiro. Será a primeira vez que unha televisión mostre todas as películas deste novo autor encomiado e premiado amplamente no circuíto internacional de festivais de cinema.
Na súa obra cabe destacar o desafío de adaptar con extraordinaria liberdade a literatura de William

Ler Mais