Gimme Shelter | Os Irmáns Maysles

Gimme Shelter

VOLVER
PLAY TRAILER
90’ / 1970 Dirixida por: Albert Maysles, David Maysles e Charlotte Zwerin
Filmada polos: irmáns Maysles
Editada por: Charlotte Zwerin
Outros editores: Ellen Giffard, Robert Farren, Joanne Burke, Kent McKinney
Produtor asociado: Porter Bibb
Considerada a mellor película de rock sobre a mellor banda de rock da historia, este documental segue os Rolling Stones na súa sonada xira americana de 1969, que culminou no tráxico e desastroso concerto de Altamont, en San Francisco. Os Rolling lideraron un concerto gratuíto ante unha multitude estimada de 300.000 persoas. Ike & Tina Turner, Jefferson Airplane, The Flying Burrito Brothers e Santana tamén figuraban no cartel. Preocupados pola súa seguridade, a banda contratou a membros dos Hell’s Angels para manter a orde. Porén, a atmosfera cada vez maior de medo e tensión acabou co apuñalamento e morte dun dos asistentes. A xeración dos hippies, a paz e o amor, convertérase de súpeto na xeración da desilusión e o desengano. Foi o 6 de decembro de 1969, o día que morreron os 60.