Coffea Arábiga | Nicolás Guillén Landrián

Coffea Arábiga

VOLVER
PLAY TRAILER
18’ / 1968 / Cuba Director: Nicolás Guillén Landrián
Fotografía: Lupercio López
Montaxe: Iván Arocha
Son: Rodolfo Plaza
Produtor: José Rouco
Do cafetal aos teus beizos. O Instituto Cubano de Cine encargou a Guillén Landrián facer un documental de propaganda para ensinar como sementar café ao redor da Habana, unha das ideas máis delirantes de Fidel Castro. De feito, Guillén Landrián, realiza un filme didáctico, que á vez traizoa a proposta oficial. A gran irreverencia: o uso na banda sonora dunha canción dos prohibidos Os Beatles, O parvo do outeiro (The Fool on the Hill), que aparece cando Castro sobe unha tribuna para dar un discurso. O documental foi exhibido, pero prohibido en canto fracasou o Plan do Cordón da Habana.