Play-Doc Live!

CURE FOR PAIN: A HISTORIA DE MARK SANDMAN

ROBERT G. BRALVER, DAVID FERINO / 85' / 2011 / EE.UU


PLAY TRAILER

Mark Sandman, o carismático cantante, baixista, letrista, compositor e fundador de Morphine, unha das bandas máis orixinais da década dos 90, morreu no verán de 1999, durante un concerto en Italia. O son único e sensual da súa música elevou a Morphine ao status de banda de culto en Estados Unidos e Europa deixando unha pegada indeleble na historia do rock. Este documental non só explora o lugar que ocupou Sandman no mundo do pop americano senón que conta tamén a súa historia persoal, marcada pola traxedia da perda dos seus dous irmáns, e da que nunca xamais quixo falar en público.


Dirección: Robert G. Bralver, David Ferino
Produción: Jeff Broadway
Produtora: Gatling Pictures
Montaxe: Robert G. Bralver, David Ferino
Música: Morphine
Con: Dana Colley, Billy Conway y Jerome Deupree, Treat Her Right, Chris Ballew (The Presidents of the United States of America), Mike Watt (The Stooges), Les Claypool and Ben Harper.
Festivales e premios:
IDFA 2011, Full Frame 2011, DOC NYC 2011, Independent Film Festival Boston 2011.

Contacto:
www.gatlingpictures.com
info@gatlingpictures.com

MEMBERS OF MORPHINE AND JEREMY LYONS

SABADO 24 DE MARZO. 00:30h. SALA METROPOL TUI. ENTRADA 10€.
ENTRADA ANTICIPADA NO STAND DO FESTIVAL DESDE O MÉRCORES 21 DE MARZO.

Unha vez máis, a música en directo complementa a proposta cinematográfica de Play-Doc. Nesta ocasión, e acompañando ao documental 'Cure for Pain: The Mark Sandman Story', Play-Doc 2012 rende tributo a Morphine, unha das bandas máis orixinais e poderosas da década dos 90.

Formada en 1989 en Massachussets por Mark Sandman e Dana Colley, Morphine irrompeu en plena era do grunge cunha proposta absolutamente orixinal: un baixo de dúas cordas tocado como unha slide guitar, un saxo barítono e unha batería. Esta insólita e sobria combinación instrumental concibiu un son único e sensual que elevou a Morphine ao status de banda de culto en Estados Unidos e Europa, deixando unha pegada indeleble na historia do rock. A mestura de blues, rock e jazz deu lugar a un novo estilo musical, acuñado por eles mesmos como 'low rock'.

Morphine acadou innumerables éxitos con cancións como 'Cure for Pain', 'Early to bed', 'Boa' ou a trepidante 'Honey White', colleitando continuos encomios por parte da crítica. En 1999 e pouco despois da gravación do seu cuarto álbum 'Like Swimming', o carismático líder, vocalista, baixista e compositor Mark Sandman morría traxicamente durante un concerto en Italia, deixando ao mundo da música terriblemente conmocionado.

Members of Morphine and Jeremy Lyons renden homenaxe ao legado de Morphine, reinterpretando os seus grandes temas, así como novas cancións con sons máis próximos á psicodelia-rock e ao blues do delta do Mississippi. Formada polos seus membros orixinais: Dana Colley (saxo barítono) e Jerome Deupree (batería), agora, preséntannos o seu novo proxecto musical acompañados por Jeremy Lyons (voz, guitarra slide e baixo de dúas cordas).

English Galego