Sección Oficial | Xurado

NICOLAS AZALBERT. Montpellier.

Varios anos colaborador na Cinemateca de Toulouse, escribe en Cahiers du Cinéma desde o ano 2000. Actualmente é tamén correspondente en America latina para A Semana de critíca (Festival de Cannes). Viviu seis anos en Bos Aires, onde dirixiu dúas películas: Si no me ahogo (2003) e Si fuese yo un helecho (2005).

Pamela Cohn. Los Angeles.

Pamela Cohn é produtora, programadora de cinema e xornalista. Os seus proxectos inclúen libros, anuncios, campañas publicitarias, obras interactivas, instalacións, cinema e vídeo. Desde o ano 2003 Pamela traballou como realiza-dora, directora de fotografía e produtora e escribe sobre cinema de non ficción e cinema experimental no seu blog Still in Motion. Foi xurado e programadora en diversos festivais internacionais como DocPoint, en Helsinki, Planete Doc Review, Varsovia (onde tamén moderou a masterclass con Werner Herzog) e Dokufest en Prizren, Kósovo. Ademais produce e programa para Kino Satellite, en Berlín, cidade na que vive actualmente. Pamela escribe habitualmente para a blog de cinema BOMB magazine, para a revista DOX e para Senses of Cinema.

Carlos Muguiro. Navarra.

Docente-investigador do Departamento de Estudos Eslavos da Universidade Pompeu Fabra de Barcelona. Profesor de Estética do Cinema da Universidade de Navarra e do Máster de Cinema Contemporáneo da UPF. Foi coordinador da Cátedra de Dirección na Escola Internacional de Cinema de San Antonio dos Baños de Cuba e Fundador do Festival Punto de Vista, do que foi o seu director artístico até 2009. Participou como xurado en prestixiosos festivais internacionais. Guionista, entre outras películas, de Goodbye, America e Notes on the Other. Editou os libros Ver sin Vertov. Cincuenta años de no-ficción en Rusia y la URSS (1955-2005); e The Man Without the Movie Camera: the cinema of Alan Berliner. Estudou Comunicación na Universidade de Navarra, Humanidades na Universidade Pompeu Fabra e Dirección de Cinema na ECAM.

English Galego