LAXE E ROSENBLATT, GAÑADORES DE PLAY-DOC 2011
 
Todos vós sodes capitáns e The D Train levan os premios de mellor longa e curta respectivamente nunha edición que pecha con 5.200 espectadores.
AARIES FAN BAILAR A PLAY-DOC A RITMO DE SOUL
 
As irmás Ayana e Ayinké Hipps regalaron ao público un vitalista cóctel de clásicos versionados e temas propios no seu primeiro concerto español.
LECH KOWALSKI ESTREA EN ESPAÑA O SEU ÚLTIMO FILME
 
The End of The World Begins With One Lie é un ataque á industria petroleira ao redor do verquido de crú da multinacional BP o pasado ano nas costas de Luisiana.
"PROVOCO Á REALIDADE PARA PRECIPITALA"
 
O realizador polaco Marcel Lozinski abriu onte en Play-Doc con aplausos a súa primeira retrospectiva en España. Continúa ata o domingo e mañá dará unha clase maxistral sobre o seu método de "abrir a realidade".
ANDREY GRYAZEV, RECIBIDO CON APLAUSOS EN PLAY-DOC
 
O cineasta presentou O día do mineiro, segunda parte de Sanya e Pardal, que gañara o ano pasado o principal premio do festival.
Mañá segue a competición con Songs From the Nickel e The D Train. Tachenko presenta o seu último álbum en directo.
ÉXITO TOTAL DE OLIVER LAXE EN PLAY-DOC
 
O festival abriu onte sección oficial co seu filme Todos vós sodes capitáns, premiado en Cannes, e continúa hoxe con tres novas cintas a competición e a retrospectiva de Marcel Lozinski, mestre polaco do documental.
PLAY-DOC ABRE CINCO INTENSOS DÍAS DE CINEMA COA PELÍCULA DE CARLOS NÚÑEZ BRASIL SOMOS NÓS
 
O artista vai á procura das súas raíces musicais na película, que presentou hoxe na gala de inauguración do festival, na que agasallou aos asistentes con varias pezas en directo do seu último disco, Alborada do Brasil.
Todos vós sodes capitáns, do galego Oliver Laxe, abriu a sección oficial, na que once títulos do mellor das tendencias do documental contemporáneo compiten por premios valorados en 7.000 euros.
CARLOS NÚÑEZ ESTREA DOCUMENTAL EN PLAY-DOC
 
Poderán verse tamén as producións galegas Todos vós sodes capitáns, do gañador en Cannes do premio Fipresci Oliver Laxe, e Manuscritos pompeianos, unha curta experimental de Marcos Nine.
MARCEL LOZINSKI, PROTAGONISTA DE PLAY-DOC 2011
 
O festival acolle a primeira retrospectiva en España do realizador polaco Marcel Lozinski, nomeado ao Oscar en 1994 por 89 mm od Europy.
Lech Kowalski, director de culto norteamericano, estrea no festival a súa última película, The End of the World Begins With One Lie.
ONCE TÍTULOS DO MELLOR CINEMA DOCUMENTAL CONTEMPORÁNEO COMPITEN EN PLAY-DOC 2011
 
Os encontros entre a ficción e o documental marcan unha sección oficial que repartirá 7.000 euros en premios entre os gañadores do certame.
PLAY-DOC APOSTA NA SÚA SÉTIMA EDICIÓN POLAS ÚLTIMAS TENDENCIAS DO CINEMA DOCUMENTAL
 
O festival presentará un total de 29 películas do 30 de marzo ao 3 de abril.
PLAY-DOC DESTACA NO CIRCUÍTO INTERNACIONAL DE FESTIVAIS POLOS SEUS NOVIDOSOS OBRADOIROS DE FORMACIÓN
 
Na súa sétima edición o festival pon en marcha a terceira entrea de 'O retrato filmado', un orixinal formato de obradoiro que reflexiona sobre a ollada cinematográfica.
Co 'Docs in Progress' Play-Doc dá un paso decisivo no seu compromiso co apoio aos novos talentos apostando claramente por unha nova liña de formación e produción orientada ao desenvolvemento de proxectos.