Raymond Depardon é sen dúbida un dos nomes indispensables do cinema do real contemporáneo. Fotógrafo de recoñecido prestixio, é quizais o único que soubo franquear con éxito o paso da fotografía ao cinema. O seu xeito de filmar, desprovisto de todo sentimentalismo e subxectividade, non busca a comunicación ilusoria nin a empatía co que retrata e moitísimo menos a complicidade co espectador.
Todos os fragmentos de realidade atrapados pola súa cámara adquiren inmediatamente o valor dun documento sobre un fragmento do ser humano en toda a súa complexidade, sen posicionamentos ideolóxicos, ideas preconcibidas ou xuízos morais. E é que, como di o crítico Alain Bergala, Depardon observa coa mirada do gato, unha mirada silenciosa e atenta pero á vez enigmática, inescrutable.
É esta postura, sempre ao contraxeito do que espertou o debate sobre o documental do últimos trinta anos, a que converte a Depardon nun cineasta excepcional. Co paso do tempo a súa obra conserva todo o peso do seu realismo, a súa opacidade e todo o seu potencial de posibles interpretacións.
Play-Doc dedica unha retrospectiva a este marabilloso fotógrafo e realizador francés presentando algunhas das súas películas máis emblemáticas.
RAYMOND DEPARDON
13’ / 1990 / FRANCIA
RAYMOND DEPARDON
108’ / 1982 / FRANCIA
RAYMOND DEPARDON
10’ / 1985 / FRANCIA
RAYMOND DEPARDON
98’ / 1980 / FRANCIA
RAYMOND DEPARDON
104’ / 1987 / FRANCIA