VOLVER
 

Ao principio de septembro do 2007 Manolo Paz (Cambados, 1957) comeza  unha nova exposición para a Galería SCQ de Santiago de Compostela. É a primeira esposición individual en Galicia despois dunha década.
O artista, tras un periodo de xestación de bocetos e probas, ponse a traballar de inmediato no proxecto. A ritmo de "guichi-guichi" (argot que empregan os canteiros para denominar o ritmo do cincel), Manolo Paz vai realizando as tres obras destinadas a esposición: Nube, Campos de Arroz e Escalinata (3 pezas).
Unha vez máis, Manolo Paz, plasma a súa mirada educada no seu Salnés natal nunha serie de obras que representan o respeto pola terra, a abstracción e o poder do signo, e que poderemos ver nesta ocasión en Play-Doc, con motivo da presentación do documental ‘Un Mar de Pedra’ dirixido por Manu Paz e Xacobo Sanmartín.