VOLVER
 

Nado en 1954 en Maceira, unha pequena aldea de Lalín, Antón Lamazares é un dos grandes referentes da súa xeración. Nos anos setenta comezou a súa aposta intelectual no terreo da poesía, ámbito que, aínda que deixou unha profunda pegada na súa vida, abandonou tras realizar unha longa viaxe por Europa e coñecer a obra dalgúns dos grandes pintores dos séculos XIX e XX, como Vincent Van Gogh, Paul Klee ou Joan Miró.
A proposta artística de Lamazares destacou por prestar unha atención coidadosa e meditada cara a aquelas cuestións que unha cultura contemporánea como a nosa, baseada na innovación constante e na velocidade compulsiva, tenden a esquecer. Así, asuntos como a memoria, a importancia das cousas humildes, o paso do tempo ou o valor da mirada contemplativa, convertéronse no núcleo central do seu traballo. Todas estas cuestións poden apreciarse nuns cadros nos que o cartón “superficie humilde por antonomasia” e a verniz “material pictórico practicamente imperceptible” adquiren o maior protagonismo.
A película Horizonte sen dono, dirixida e producida polos directores canarios Nayra e Javier Sanz Fuentes, preséntase como un achegamento a todas estas cuestións da man do pintor. Mentres se prepara en Budapest unha exposición con algúns dos seus cadros máis importantes - varios deles presentes agora nesta exposición de Tui -, Lamazares realiza unha viaxe sen destino fixo para atoparse con amigos e familiares e reflexionar sobre numerosos problemas cruciais do noso tempo.