castellano
galego
english


PROGRAMA seminario EXPOSICION CALENDARIO PRENSA SEDE CONTACTO


WEB
2005 2006 2007 2008
PATROCINIO

MAD PROFESSOR & THE ROBOTIKS

Sábado 21 / 00:30h / sala Metropol
10€ (8€ con abono)



Alumno avantaxado de Lee Perry. Mad Professor foi un dos pioneiros que converteu ao Dub na segunda xeración do reggae. Neil Fraser, máis coñecido como Mad Professor é o rei do xénero dub e considerado como un dos produtores máis importantes do Reino Unido. Fundador do selo Ariwa Records, referencia do xénero en toda Europa, tocou e traballou coma produtor de varios artistas de talla mundial, coma Sade, Depeche Mode, Lee Perry, Jamiroquai, Rancid, Jah Shaka, Destiny’s Child, Beasty Boys ou Massive Attack, con quen acadou o seu punto máis álxido de popularidade pola remestura do seu afamado disco ‘Non Protection’. Logo de percorrer as principais cidades do mundo, o xenio do dub visita Galicia acompañado da lendaria banda de reggae ‘The Robotiks’. Mad Profesor é un dos protagonistas do documental ‘Dub Echoes’.

www.ariwa.com




MAD PROFESSOR actuará acompañado polas imaxes hipnóticas do noso vj´residente ERRORvideo.

www.errorvideo.com



www.play-doc.com