castellano
galego
english


PROGRAMA seminario EXPOSICION CALENDARIO PRENSA SEDE CONTACTO


WEB
2005 2006 2007 2008
PATROCINIO

ONE MAN IN THE BAND

Venres 20 / 00:30h / sala Metropol
10€ (8€ con abono)


Ás veces a música soa moito mellor cando a toca un só.

Esquece calquera idea preconcibida sobre os clásicos homes orquestra coa súa batería ás costas e os platillos atados aos seus xeonllos. Estes músicos, protagonistas do documental One Man in The Band, son tan innovadores que resultan completamente inclasificables. Compróbao ti mesmo.





DURACELL


As aparencias enganan. Cando Duracell aparece sentado só fronte á súa batería, un non espera a explosión de son que se lle aveciña. Conectada a un sintetizador modular con multitude de cables e pequenos micrófonos converte cada golpe de caixa ou de bombo en inesperadas composicións musicais. Duracell é un innovador, é alta tecnoloxía. Todo un showman cunha pegada primitiva que esixe unha reacción visceral.

youtube


HONKEYFINGER


Blues esculpido do lodo e electrificado polo diaño. Logo dunha longa traxectoria de colaboracións con outras bandas, Honkeyfinger decidiu probar sorte en solitario. "Sempre quixen ser como un deses dinosauros do rock, formar parte dun gran trío, como Blue Cheer ou Cream. A revelación chegoume cando me dei conta de que o podería facer só. Na miña mente, sigo sendo unha banda de tres”. A súa arma elixida para este asalto en solitario é a ‘steel guitar’ Hawaiana, un instrumento delicado que nos seus dedos transfórmase nun monstro de son pesado. A súa forma de golpear o bombo e os ouveos da súa harmónica converten os seus directos en todo un exorcismo.

youtube


THE TWO TEARS


Kerry Davis estaba colaborando cun gran número de bandas da escena garage de Los Angeles, como ‘The Red Aunts’ ou ‘Beehive & The Barracudas’ cando formou ‘The Two Tears’. Tras constantes cambios de formación, Kerry converteuse no único membro regular da banda e foi entón cando decidiu probar en solitario acompañándose tan só da súa vella guitarra Gibson e dun pedal de bombo emprestado. Agora The Two Tears vive unha experiencia nómade, nos seus concertos cargados de enerxía e infestados de cancións doces e salvaxes pálpanse as influencias do máis puro garaxe.

youtube


THOMAS TRUAX


Tocar nunha banda dun só individuo non significa tocar só. O neoiorquino Thomas Truax, cansado de loitar por manter unida a súa banda, finalmente decidiuse por fabricar coas súas propias mans os seus novos músicos acompañantes. Dos restos dunha tenda de chatarra saíron entre outros o seu lendario ‘Hornicator’ ou a súa inseparable batería ‘Sister Spinster’ un dispositivo mecánico motorizado que marca o ritmo dos seus shows. Nos seus concertos utiliza simultaneamente os seus xeniais inventos co uso de instrumentos tradicionais. ”Se só tocase a guitarra creo que decepcionaría á xente… isto é o que son... como un Doutor Frankenstein da música".

youtube
youtube



www.play-doc.com