OBRADOIRO DE CINEMA PARA NENOS

taller_ninos_foto

DESCUBRINDO AS IMAXES: OBRADOIRO DE CINEMA PARA NENOS

 

CinemaEscola, a primeira escola de cinema e artes visuais para nen@s e moz@s de Galicia, impartirá un obradoiro no Play Doc 2018. Co título Descubrindo as Imaxes, os participantes, de 8 a 12 anos, entrarán en contacto coas orixes da fotografía e o cinema. Construirán unha cámara fotográfica coas súas propias mans e revelarán no cuarto escuro. Ademais, tamén xogando, gravarán pequenas películas ao estilo dos irmáns Lumiere: películas que duran só un minuto, nunha toma única e sen mover nin cambiar nada en cámara, que retratan accións de principio a fin.

 

# Descubrindo as imaxes: Obradoiro de cinema para nenos

Un obradoiro práctico, de 4 horas, onde os máis pequenos xogarán con cámaras de fotografía e vídeo para retroceder no tempo e entender como nace a fotografía e o cinema.

 

# Actividades incluídas:

  • Construción dunha cámara artesanal
  • Realización de fotografías coas cámaras construídas
  • Revelado en laboratorio de fotografías
  • Gravación dun minuto Lumière: Un minuto Lumière é a forma máis fácil de converterse en cineasta. Consiste en gravar películas que duran só un minuto, nunha toma única e sen mover nin cambiar nada en cámara. É un bo exercicio para divertirse e entender a importancia da acción no plano, o ritmo e a narración.

 

Número de participantes: máximo 10 alumnos

Idades dos participantes: entre 8 a 12 anos

Datas: Sábado 28 de abril

Horario: de 16 a 20 horas

Prezo: 30€

 

# Sobre o profesor

Pablo Gómez Salga e Alfonso Durán son profesores titulares de CinemaEscola, a primeira escola en Galicia de cinema e artes visuais para nenos e novos. (www.cinemaescola.gal).

 

# Inscrición

Interesados en participar deberán enviar un mail a: lacinematografica@gmail.com  , co asunto ‘Obradoiro de cinema. Play- Doc 2018’, indicando un nome e persoa de contacto.

Máis información en: https://www.lacinematografica.com/cine-para-nintildeos.html

 

logo-agrupacion_cinematografica_galega

Tui