OBRADOIRO 16 mm

foto_taller_16mm

FILMA, REVELA E PROXECTA!!

OBXECTIVO DO OBRADOIRO

O obxectivo é que os participantes coñezan de forma directa e práctica todos os procesos de creación da imaxe cinematográfica analóxica: filmación, proceso químico de revelado e proxección. Utilizarase unha cámara Bolex e película en B& N reversible para poder proxectar a imaxe directamente en positivo.

Ademais das horas lectivas, o alumnado poderá facer prácticas durante o mes seguinte á realización do obradoiro no laboratorio da Agrupación Cinematográfica Galega, en Vigo. Poderán usar as cámaras, os tanques e todos os materiais dispoñibles no centro, exceptuando a película e os químicos que deben adquirilos pola súa conta.

 

PLANIFICACIÓN

# A cámara e a película:

  • Como cargar a película
  • Exposición, foco e diafragma
  • Automático Vs manual
  • Características da película reversible

# A filmación:

Filmaremos paisaxes do centro urbano de Tui.

Antes de saír a filmar, localizaremos paisaxes filmadas en Súper 8 polos habitantes de Tui nos anos 60 e 70 (procedentes do Arquivo Galego de Cinema Domestico) co obxectivo de filmar os mesmos planos en 16mm. Ao terminar o obradoiro poderemos observar a transformación da paisaxe Tudense e analizar as diferenzas de imaxe entre os dous formatos “pequenos” do cinema, o 16 e o Súper8.

# O revelado

  • Introdución ao revelado
  • O tanque: Exercicio práctico de carga da espiral
  • Os químicos e o revelado
  • Secado da película

# A proxección

Aprenderemos a cargar un proxector de 16mm para ver o resultado do material.

 

# Dous grupos de 6 alumn@s:

  • Grupo 1: 27 e 28 de abril, de 9 a 14 horas
  • Grupo 2: 29 e 30 de abril, de 9 a 14 horas
  • Prezo: 95€

 

# Sobre o profesor

Pablo Gómez Salga participou en diferentes producións como director de fotografía, moitas delas filmadas en soporte analóxico, tanto en Super 8 como en 16mm. Actualmente dirixe A Agrupación Cinematográfica Galega, unha organización que se dedica a promover a cultura fílmica a través de Talleres de Cinema Analóxico, a creación do Arquivo Galego de Cinema Doméstico e a posta en marcha do primeiro laboratorio de cinema artesanal de Galicia.

 

# Inscrición

Os interesados en participar deberán enviar un mail a: lacinematografica@gmail.com , co asunto ‘Taller 16mm. Play- Doc 2018’, indicando un nome e persoa de contacto.

Máis información en: https://www.lacinematografica.com/taller-de-16mm.html

 

logo-agrupacion_cinematografica_galega

Tui