SEMINARIO
O PRIMEIRO XESTO DOCUMENTAL

foto-marta-andreu

Venres 24 de marzo / de 10h a 14h / Play-Doc Festival – Sala 2

A filla do oleiro atopou a forma de desafiar a inminente ausencia do seu amado: mentres este recostaba delicadamente a súa cabeza nunha parede, antes de partir á guerra, Kora manchouse o dedo con pintura para debuxar no muro a sombra que do seu perfil proxectaba unha vela. Isto ocorría no século VII ou VI antes de Cristo e segundo Plinio o Vello, este xesto converteríaa na primeira pintora da Historia.

Parece ser entón que o retrato foi o primeiro. E ese primeiro movemento para tentar reter o tempo na figura dun rostro será tamén o lugar onde a mirada documental xerminará.

Saltando de fragmento en fragmento de documentais contemporáneos trazaremos un camiño, unha reflexión en voz alta para definir o retrato fílmico. Para iso relacionaremos o cinema con outras manifestacións, experiencias, ideas, anécdotas e especulacións artísticas, culturais, vitais para recoñecer o retrato como ese xesto fundacional da creación documental

INSCRICIÓN:

O seminario ten un prezo de 12€, e a inscrición estará aberta ata o 22 de marzo (incluído). Prazas limitadas.

Os interesados deberán escribir un mail co asunto: ‘O RETRATO FÍLMICO – INSCRICIÓN’  indicando nome completo e contacto, á seguinte dirección de correo: produccion@play-doc.com

MARTA ANDREU / Traxectoria

Nada en Barcelona en 1975.

En 2004 crea Estudi Playtime, focalizado en documentais de creación e en especial primeiras películas (Oleg y las Raras Artes, Cuchillo de Palo, La Terra Habitada, Distancias, Salome, entre outras).

Creou e dirixiu O laboratorio do Retrato Filmado, producido polo festival Play-Doc. 2009-2015. Ao longo de cinco anos cinco cineastas estiveron a filmar os mesmos ‘personaxes’, veciños de Tui , resultando cinco películas colectivas de nome “Ida e volta”.

Tamén en colaboración e producido por Play-Doc, en 2010 creou e dirixiu Docs in Progress, residencia que se dedicou á montaxe documental.

Asímismo creou e codirigió a residencia Filmar a Paisaxe nas illas Açores (2011).

Desde 2001 ata 2016 coordina e programa o Master en Documental de Creación na Universitat Pompeu Fabra de Barcelona.

Desde a súa creación (2009) é coordinadora académica de DocMontevideo, onde imparte un obradoiro de escritura para proxectos en desenvolvemento e dita seminarios ou charlas sobre á creación documental. Desde 2015 exerce o mesmo papel en DocSao Paolo.

Dirixe obradoiros de escritura de proxectos e seminarios en documental de creación en diferentes centros, explorando a idea do retrato na memoria, na paisaxe, na transformación, nos límites, na mirada do eu, na perda, na epifanía…):

En Madrid (Escola de cinema NIC, desde 2008 a presente), Barcelona (Universitat Pompeu Fabra, A bonnemaison), Tanger (Filmoteca), Paraguai, Arxentina, Cuba (EICTV desde 2013 a presente), Colombia (FDC, Universidade do Val, Cinefilia, Universidade de Antioquia, desde 2010 a presente), Portugal (Lisbondocs desde 2012 a presente, Universidade Lusófona desde 2014 a presente, DocLisboa, Encontros de Viana), Uruguai (DocMontevideo desde 2009 a presente, Universidade de Belas Artes), Perú, Exipto e Tunes (Documentary Campus e Insituto Goethe), México (DocsDF, Centro de Capacitación Cinematográfica, desde 2010 a presente), Ecuador (EDOC, Universidade Flacso, desde 2012 a presente), Bolivia (Talentdoc, Ao descuberto, Filmoteca Bolivia), Chile (Chiledoc, Universidade Nacional); Barcelona (A Bonne Maison), etc.

Integra desde 2010 o comité permanente do WCF da Berlinale e é consultora de programa  para Visions du Réel (representando España, Portugal e América Latina).

Desde 2011 foi consultora de desenvolvemento de proxecto e integrante de xurados para fondos de países como Colombia, Uruguai, Perú. Foi xurado nos seguintes festivais: Cinéma du Réel (París), Mostra de Cinema Documental (Bogotá), Punto de Vista (Pamplona), L?Alternativa (Barcelona), Play-Doc (Tui, Pontevedra), Alcances  (Cádiz), Festival Internacional de Cinema Cali (Colombia), Xixón, BAL (mercado do BAFICI, Buenos Aires), DocLisboa, Festival de Cinema de Locarno, entre outras. Participou en conferencias e mesas redondas organizadas por festivais como Play-Doc, Peripheries (Paris), DocLisboa, Documenta Madrid, Entrevues (Belfort, Francia), Festival dei Popoli (Florencia), os Encontros de Viana do Castelo (Portugal), Mois du documentaire (Bretaña), Visions du Réel (Nyon-Suíza), Dokufest (Kósovo), Festival internacional de Cinema de Locarno (Suíza). Integrou mesas redondes e debates en DocsLisboa, Cinéma du Réel, Documenta Madrid, A Alternativa, Palermo (Documentary Campus), entre outros.

En 2015 crea o espazo WALDEN para acompañamento, asesoría e escritura de proxectos documentais. www.espaciowalden.com