Mesas Redondas

mesa-redonda

ENCONTRO CON PROGRAMADORES

Peter von Bagh sinalaba que «programar é escribir a historia do cinema», pero programar vai máis aló da evolución das narrativas. Tamén implica falar da evolución tecnolóxica, dos cambios nos hábitos de visionado. Como, cando e onde vemos cinema?

A sala de cinema, a filmoteca, a rede e o festival.

Nesta mesa analizarase de que xeito conviven as diferentes plataformas: Como cooperan ou se relacionan? Cales son os principais cambios aos que se enfrontan os diferentes espazos?

Intervirán Roger Koza, crítico e programador referencial  en América; unha das figuras chave na internacionalización do cinema galego, Chiara Marañón, directora de programación en MUBI,  Ramiro Ledo da sala Numax de Santiago de Compostela e Caroline Maleville, directora de programación da Cinemateca Francesa. O encontro será moderado por Gustavo Beck, cineasta, produtor e programador en prestixiosos festivais como IFFR ou Cinéma du Réel.

Sala de prensa | Lunes 30 de abril – 17:30h

Tui