MASTERCLASS CON DOMINIC GAGNON

master-class-gagnon

Como é habitual, en cada edición convidamos aos nosos realizadores homenaxeados a impartir unha masterclass como complemento ás súas retrospectivas, para poder profundar un pouco máis na súa obra e na súa maneira de facer cinema, e así aprender da súa experiencia. Nesta ocasión, Gagnon ofrecerá unha extensa masterclass, na que ademais nos falará dos seus incribles achados nos seus moitos anos navegando por Internet, e compartirá connosco, en primicia mundial, o proceso de montaxe da súa última película, Going South. A masterclass será impartida en inglés e a entrada será gratuíta ata completar capacidade.

Sábado 25, 11h Sala 2