LIVE CINEMA

foto juanjo_taller

Expandindo o documental con Juanjo Fernández Rivero

Juanjo  Fernandez Rivero ( Gnomalab), nacido da escena underground barcelonesa, leva desde finais dos 90 investigando o cinema en tempo real. Artista- tecnólogo do audiovisual expandido, vj, visualista, é considerado un dos creadores de videomapping máis coñecidos da escena mundial. Máis recentemente indaga as posibilidades ópticas e artísticas do técnica láser. Artista multidisciplinar, explorador de luz, tempo, espazo, son, é tamén membro do aclamado grupo musical The Suicide  of  Western Culture.  Divulgador incansable, impartiu infinidade de obradoiros ou clases maxistrais achegando ao público a programas como VDMX5,  MadMapper, ou  TouchDesigner.

Nesta ocasión Gnomalab deseñou un obradoiro para  PlayDoc orientado a calquera interesado/a  nas artes visuais e a proxección  multipantalla, tamén recomendado para cineastas, documentalistas, músicos, fotógrafos, deseñadores,  amateurs ou profesionais, que desexen ampliar a súa mirada e explorar a edición (a montaxe audiovisual) non lineal en directo con DVMX. En palabras de Juanjo “este software é como unha caixa de ferramentas onde o tes todo para construír unha idea a medida”. A manipulación de imaxes e sons en vivo, o live cinema, permite un proceso de montaxe máis fluída e próximo á improvisación e á música. O creador aquí é montador, visualista, ou  performer, e a audiencia pode participar da obra a tempo real. Este obradoiro con Juanjo Fernández Rivero combina teoría e práctica e propón camiños suxestivos poñendo en valor as posibilidades expresivas do live cinema.

Ensinaranse os rudimentos básicos do programa VDMX5  (https://vidvox.net) e as aplicacións para o control audiovisual que ten este software. Juanjo traballará con material documental de arquivo. Aprenderase a preparar o material para ser ‘proxectable’ en directo. Farase unha demostración creando un interface multipatalla.

 

Duración: 5 horas.

Sábado 25 de setembro en Tui / Mañá (de 10 am a 15 am)

Prezo: 30 euros

É recomendable (non imprescindible) levar un portátil Mac Pro.

Pódese traballar con metraxe propia para tratar de realizar un exercicio simple.

INSCRICIÓNS:

Enviar un mail co asunto ‘ LIVE CINEMA TALLER’ a produccion@play-doc.com indicando nome e teléfono, e poñeranse en contacto contigo.

Prazas limitadas.