Noticias

Inscricións abertas para participar en Play-Doc 2021

4 Nov 2020
convocatoria-2021
Play-Doc é un festival independente que se celebra na antiga e fermosa cidade galega de Tui, na fronteira entre España e Portugal. Cada ano Play-Doc presenta unha coidada selección de programas competitivos e non competitivos, así como de retrospectivas de realizadores mundialmente aclamados e tamén de directores de culto e independentes cuxa obra permaneceu descoñecida, censurada ou esquecida.
Entre os obxectivos do festival está o de xerar diálogo ao redor do cinema de ficción/non ficción, presentando e redescubrindo clásicos do cinema así como mostrando as últimas tendencias de todo o mundo, a unha audiencia diversa, numerosa e participativa.
A convocatoria para participar en Play-Doc 2021 está xa aberta!
Bases de participación
FORMULARIO DE INSCRICIÓN

Share

Facebook Twitter Pinterest